venres, 7 de decembro de 2018

Paco Roca e a Constitución de 1978

El País, 8 de decembro de 2018

Paco Roca un autor de cómic, por exemplo, Los surcos del azar. https://www.astiberri.com/products/los-surcos-del-azar
Co gallo do corenta aniversario da Constitución de 1978, ven de publicar no xornal El País, a súa visión do proceso no quefoi redactada e aprobada a Carta Magna.
Se queres coñecer a visión de Paco Roca sobre a Gran Recesión (2008), pincha aquí.

xoves, 6 de decembro de 2018

A Constitución e os enciclopedistas


Hoxe, 6 de decembro de 2018, conmemórase o corenta aniversario da Constitución actual.




O 6 de decembro de 1978 aprobouse en referendo a Carta Magna actual, o texto constitucional máis lonxevo dende que en 1812 as Cortes aprobaron a primeira Constitución española.


Despois da ditadura franquista, a Constitución de 1978 representaba as arelas de liberdade de moita xente, polo que recibiu un “Si” maioritario no referendo do 6 de decembro.
Os redactores da Constitución eran todos homes, os chamados "pais da Constitución". As mulleres eran moi minoritarias nas Cortes daquel momento.
As constitucións son fillas da soberanía popular, concepto que, dalgún xeito, e nace co Século das Luces, polo que a propia democracia está emparentada coa Ilustración. Se algún libro representa este movemento intelectual e político é a Enciclopedia francesa. Sobre os seus responsables, Diderot, D´Alambert e outros ilustrados trata o cómic que ven de ser publicado: Los enciclopedistas. Podes ler un fragmento deste álbum de José Antonio Pérez Ledo e Alex Orbe, na páxina web da editorial.