O capitalismo esixe,
teóricamente, mercados libres e libre competencia. No tema das revolucións
industriais vimos como na segunda aparecían procesos de concentración
empresarial (páx. 81 da versión antiga do libro de texto; páxina 73 da versión
moderna) como o holding, o trust e os cartel. Estes dous últimos tenden a
eliminar a competencia, polo que están prohibidos. Esta mesma semana apareceu
unha noticia na que se dá conta da existencia dun “cartel de empresas de paquetería” para repartirse a
clientela empresarial. É unha práctica delictiva polo que van ser multadas pola
Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Tampouco favorece o
desenvolvemento do comercio internacional o “nacionalismo económico” (ou
“patriotismo económico”) do presidente dos EEUU, que pretende desenvolver
“guerra tarifaria” coa imposición de aranceis a produtos como o aceiro ou o
aluminio.
Amosando publicacións coa etiqueta capitalismo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta capitalismo b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 11 de marzo de 2018
Capitalismo e competencia
Etiquetas:
arancel,
capitalismo,
cartel,
competencia,
concentración empresarial,
guerra tarifaria,
holding,
patriotismo económico,
Trump,
trust
venres, 26 de xaneiro de 2018
Karl Marx de mozo (Raoul Peck, 2017)
O mundo non tería
sido igual dende o século XIX sen a existencia de Karl Marx e Friedrich Engels,
dous activistas políticos e pensadores. Da súa obra escrita e da súa actividade
nace unha corrente político-filosófica, o marxismo, que inspira a moitos
movementos anticapitalistas. Témola estudado na clase e aparece nas páxinas
70-71 (versión antiga) e 84-85 (versión moderna) do teu libro de texto.
Raoul Peck é un cineasta
haitiano que xa coñeces porque vimos o seu filme I am not your negro (podes visitar tamén a entrada Megdar Evers e Bob Dylan).
En Karl Marx de
moxo (Le jeune Karl Marx, no seu
título orixinal), Raoul Peck presenta a actividade dos dous revolucionarios de
orixe alemá entre 1844 e 1848, data da publicación de O manifesto comunista. O filme está protogonizado por August Diehl, Stefan
Konarske, Vicky Krieps, Olivier Gourmet, Hannah Steele, Eric Godon, Rolf Kanies
e Stephen Hogan, entre outras persoas.
Anímate a ver o
tráiler de Karl Marx de mozo .
luns, 22 de xaneiro de 2018
Cuarta revolución industrial: GAFA
Falamos de cuarta revolución industrial. Falamos dun novo capitalismo no que xurden empresas dun tipo distinto ás características do capitalismo industrial, do capitalismo fordista.
Referímonos a Google, Facebook, Amazon e
Apple, agrupadas no acrónimo GAFA. Son empresas transnacionais nas que a
tecnoloxía informática é fundamental. En moitas delas, a información é a súa
principal mercadoría. O seu volumen de negocio é, por outra banda, maior que o
PIB de moitos países.
Bótalle unha ollada a estes artigos:
-María Cuesta: “Google, Facebook, Amazon y
Apple tienen el poder absoluto en la información digital”, abc.es, 26.11.2017 (http://www.abc.es/economia/abci-google-facebook-amazon-y-apple-tienen-poder-absoluto-informacion-digital-201711260206_noticia.html).
-Cristina Galindo: “Cuando las empresas
son más poderosas que los países”, elpais.com,
5.11.2017
mércores, 23 de novembro de 2016
Muros
A
noticia procede do xornal dixital El País,
da edición correspondente ao 23 de novembro de 2016.
Existen
muros/valados para dividir países?
Lembra
que comezamos o curso facendo un exercicio no que poñíamos en relación as
eleccións autonómicas galegas, o proceso de investidura do Presidente do
Goberno español e das eleccións á Presidencia dos EEUU.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



