O mundo non tería
sido igual dende o século XIX sen a existencia de Karl Marx e Friedrich Engels,
dous activistas políticos e pensadores. Da súa obra escrita e da súa actividade
nace unha corrente político-filosófica, o marxismo, que inspira a moitos
movementos anticapitalistas. Témola estudado na clase e aparece nas páxinas
70-71 (versión antiga) e 84-85 (versión moderna) do teu libro de texto.
Raoul Peck é un cineasta
haitiano que xa coñeces porque vimos o seu filme I am not your negro (podes visitar tamén a entrada Megdar Evers e Bob Dylan).
En Karl Marx de
moxo (Le jeune Karl Marx, no seu
título orixinal), Raoul Peck presenta a actividade dos dous revolucionarios de
orixe alemá entre 1844 e 1848, data da publicación de O manifesto comunista. O filme está protogonizado por August Diehl, Stefan
Konarske, Vicky Krieps, Olivier Gourmet, Hannah Steele, Eric Godon, Rolf Kanies
e Stephen Hogan, entre outras persoas.
Anímate a ver o
tráiler de Karl Marx de mozo .
Ningún comentario:
Publicar un comentario