A noite do venres 23 ao sábado 24 (00:20), o programa
Documaster de La 2 de TVE emitirá Apocalipsis.La batalla de Verdún.
Trátase dunha miniserie de orixe francesa de dous
capítulos sobre unha das batallas máis representativas da I Guerra Mundial:
Verdún. Os directores de Apocalipsis. La
batalla de Verdún, Isabelle Clarke e Daniel Costella, empregaron máis de
500 horas de arquivos cinematográficos para realizar este documental de 90
minutos de duración, no que moitas escenas están coloreadas. Apocalipsis. La batalla de Verdún conta a vida nas trincheiras, pero tamén
a vida cotiá das persoas civís, empregando testemuñas protagonistas.
Probablemente, Apocalipsis.
La batalla de Verdún, que foi emitida xa por TVE, poderá verse outra vez, soamente
durante uns días, na web de Documaster.
Parecenme moi interesantes os temas relacionados coa guerra xa que nos axudan a descubrir o noso pasado e tamén a non cometer os mesmos erros que nos levaron a entrar nela.
ResponderEliminar