Amosando publicacións coa etiqueta Constitución. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Constitución. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de decembro de 2018

Paco Roca e a Constitución de 1978

El País, 8 de decembro de 2018

Paco Roca un autor de cómic, por exemplo, Los surcos del azar. https://www.astiberri.com/products/los-surcos-del-azar
Co gallo do corenta aniversario da Constitución de 1978, ven de publicar no xornal El País, a súa visión do proceso no quefoi redactada e aprobada a Carta Magna.
Se queres coñecer a visión de Paco Roca sobre a Gran Recesión (2008), pincha aquí.

xoves, 6 de decembro de 2018

A Constitución e os enciclopedistas


Hoxe, 6 de decembro de 2018, conmemórase o corenta aniversario da Constitución actual.




O 6 de decembro de 1978 aprobouse en referendo a Carta Magna actual, o texto constitucional máis lonxevo dende que en 1812 as Cortes aprobaron a primeira Constitución española.


Despois da ditadura franquista, a Constitución de 1978 representaba as arelas de liberdade de moita xente, polo que recibiu un “Si” maioritario no referendo do 6 de decembro.
Os redactores da Constitución eran todos homes, os chamados "pais da Constitución". As mulleres eran moi minoritarias nas Cortes daquel momento.
As constitucións son fillas da soberanía popular, concepto que, dalgún xeito, e nace co Século das Luces, polo que a propia democracia está emparentada coa Ilustración. Se algún libro representa este movemento intelectual e político é a Enciclopedia francesa. Sobre os seus responsables, Diderot, D´Alambert e outros ilustrados trata o cómic que ven de ser publicado: Los enciclopedistas. Podes ler un fragmento deste álbum de José Antonio Pérez Ledo e Alex Orbe, na páxina web da editorial.



domingo, 8 de outubro de 2017

Falamos?

Esta semana falamos na clase do concepto de soberanía recollido na Constitución de 1978. Falamos tamén da Guerra de Sucesión, dos Decretos de Nova Planta, de 1714. Onte, sábado 7 de outubro, celebráronse concentracións en moitos lugares de Galicia, de Cataluña, de España baixo o lema “Falamos?”.
Esta é foto da concentración de Santiago de Compostela:
Fonte: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/cientos-personas-concentran-galicia-pedir-dialogo-conflicto-cataluna/idEdicion-2017-10-07/idNoticia-1076575/


Tes información sobre eses feitos históricos no teu libro de texto (edición antiga: páxinas 20 e 26; edición moderna: páxinas 24 e 25).

luns, 1 de maio de 2017

1º de Maio de 1977: legalización dos sindicatos en España


Ano e medio despois da morte de Francisco Franco, os sindicatos foron legalizados en España. As organizacións sindicais foran prohibidas, perseguidas e represaliadas durante a ditadura franquista. Moitas das súas militantes sufriron penas de prisión e, mesmo, executadas polo simple feito de loitar a prol dos dereitos laborais e democráticos.
A Constitución actual, aprobada en referendo o 6 de decembro de 1978, recoñece no seu artigo 28 que todas as persoas temos dereito a sindicarnos libremente. Pola súa banda, o artigo 7 establece que os sindicatos de traballadores e as asociacións empresariais contribúen á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lles son propios. 

Hoxe, corenta anos despois da súa legalización, os sindicatos celebran o 1º de Maio, Día Internacional do Traballo, que conmemora unha folga de 1886, convocada en defensa da xornada laboral de oito horas. Como consecuencia do conflito, varios traballadores anarquistas foron asesinados polo goberno dos Estados Unidos. Convertíronse nos "Mártires de Chicago".