luns, 1 de maio de 2017

1º de Maio de 1977: legalización dos sindicatos en España


Ano e medio despois da morte de Francisco Franco, os sindicatos foron legalizados en España. As organizacións sindicais foran prohibidas, perseguidas e represaliadas durante a ditadura franquista. Moitas das súas militantes sufriron penas de prisión e, mesmo, executadas polo simple feito de loitar a prol dos dereitos laborais e democráticos.
A Constitución actual, aprobada en referendo o 6 de decembro de 1978, recoñece no seu artigo 28 que todas as persoas temos dereito a sindicarnos libremente. Pola súa banda, o artigo 7 establece que os sindicatos de traballadores e as asociacións empresariais contribúen á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lles son propios. 

Hoxe, corenta anos despois da súa legalización, os sindicatos celebran o 1º de Maio, Día Internacional do Traballo, que conmemora unha folga de 1886, convocada en defensa da xornada laboral de oito horas. Como consecuencia do conflito, varios traballadores anarquistas foron asesinados polo goberno dos Estados Unidos. Convertíronse nos "Mártires de Chicago".


Ningún comentario:

Publicar un comentario