Esta semana falamos na clase do concepto de soberanía recollido na Constitución de 1978. Falamos tamén da Guerra de Sucesión, dos Decretos de Nova Planta, de 1714. Onte, sábado 7 de outubro, celebráronse concentracións en moitos lugares de Galicia, de Cataluña, de España baixo o lema “Falamos?”.
Esta é foto da concentración de Santiago de Compostela:
Fonte: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/cientos-personas-concentran-galicia-pedir-dialogo-conflicto-cataluna/idEdicion-2017-10-07/idNoticia-1076575/
Tes información sobre eses
feitos históricos no teu libro de texto (edición antiga: páxinas 20 e 26; edición
moderna: páxinas 24 e 25).
Ningún comentario:
Publicar un comentario