Sabes que significa este cartel? A que época pode estar referíndose? Xustifica a túa resposta e cita as fontes de información que utilices.
martes, 27 de setembro de 2016
domingo, 25 de setembro de 2016
Os homes libres de Jones
Os homes libres de
Jones (2016 ) é unha película, dirixida por Gary Ross, que podes ver nos
cines de Santiago de Compostela. Baseada en feitos reais, narra a historia de
Newton Knight durante a Guerra de Secesión norteamericana e os anos seguintes.
Newton Knight foi un campesiño que desertou do exército confederado por crer
que a escravitude e a guerra soamente beneficiaban aos ricos e que se ben os escravos
negros eran as principais vítimas do poder dos ricos, tamén o eran os campesinos
brancos e pobres.
Neste ano de 2016, nos EEUU houbo varios brotes de violencia
racial. Busca algún exemplo na prensa dixital. Pensas que pode ter algunha
relación co que conta o filme?
Podes ver e ler máis sobre Os homes libres de Jones en http://www.rtve.es/noticias/20160915/hombres-libres-jones-leccion-historia/1400280.shtml
Benvida
Benvida, benvido a este blog, Contemporánea. De onte ata hoxe, no que poderemos atopar entradas relacionados coa nosa materia, Historia.
Chámase "Contemporánea" porque os seu contidos fan referencia aos séculos XIX, XX e XXI.
Chámase De onte ata hoxe porque o presente non se entende sen coñecer o pasado.
Contemporánea. De onte ata hoxe é unha ferramenta de traballo en construción, aberta a colaboración de todas e todos para que todas e todos poidamos beneficiarnos do noso traballo.
Sabes que significa a palabra máis destacada da imaxe? Cres que é unha boa imaxe para representar os contidos da nosa materia? Sabes como se chama ese tipo de imaxe? Coñeces algunha ferramenta informática para construíla?
Anímate a colaborar.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)