Os homes libres de
Jones (2016 ) é unha película, dirixida por Gary Ross, que podes ver nos
cines de Santiago de Compostela. Baseada en feitos reais, narra a historia de
Newton Knight durante a Guerra de Secesión norteamericana e os anos seguintes.
Newton Knight foi un campesiño que desertou do exército confederado por crer
que a escravitude e a guerra soamente beneficiaban aos ricos e que se ben os escravos
negros eran as principais vítimas do poder dos ricos, tamén o eran os campesinos
brancos e pobres.
Neste ano de 2016, nos EEUU houbo varios brotes de violencia
racial. Busca algún exemplo na prensa dixital. Pensas que pode ter algunha
relación co que conta o filme?
Podes ver e ler máis sobre Os homes libres de Jones en http://www.rtve.es/noticias/20160915/hombres-libres-jones-leccion-historia/1400280.shtml
Ningún comentario:
Publicar un comentario