venres, 20 de outubro de 2017

Escravitude?


Empezamos nestas datas o estudo das revolucións liberais, as revolucións burguesas. Tiveron lugar baixo as bandeiras da liberdade e da igualdade. Hoxe en día, máis de dous centos anos despois daqueles acontecementos, atopamos noticias como estas:
eldiario.es, 16.10.2017
http://www.eldiario.es/economia/millones-personas-encuentran-pobreza-exclusion_0_697830464.html

http://www.ilo.org/global/topics/forced-labour/lang--es/index.htm

domingo, 8 de outubro de 2017

Falamos?

Esta semana falamos na clase do concepto de soberanía recollido na Constitución de 1978. Falamos tamén da Guerra de Sucesión, dos Decretos de Nova Planta, de 1714. Onte, sábado 7 de outubro, celebráronse concentracións en moitos lugares de Galicia, de Cataluña, de España baixo o lema “Falamos?”.
Esta é foto da concentración de Santiago de Compostela:
Fonte: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/cientos-personas-concentran-galicia-pedir-dialogo-conflicto-cataluna/idEdicion-2017-10-07/idNoticia-1076575/


Tes información sobre eses feitos históricos no teu libro de texto (edición antiga: páxinas 20 e 26; edición moderna: páxinas 24 e 25).

1714

Xa tes neste blog unha entrada sobre Fútbol e política. Empezamos o curso co Antigo Réxime e aparecen máis noticias sobre a mesma cuestión, relacionamos historia e presente.
Aquí tes unha foto de hai tres anos. Tes información sobre eses feitos históricos no teu libro de texto (edición antiga: páxinas 20 e 26; edición moderna: páxinas 24 e 25).


Fotografía: Efe

Fonte: http://www.20minutos.es/deportes/noticia/barcelona-recuerda-1714-pancarta-2237321/0/