martes, 12 de decembro de 2017

A Revolución soviética en banda deseñada: Tintín no país dos sóviets


No pasado mes de novembro conmemorouse o centenario da “Revolución de Outubro”, a Revolución Bolxevique ou Revolución Soviética. Non se trata dun erro cronolóxico: na Rusia de 1917 o calendario vixente era o xuliano, non o gregoriano que existía en Occidente: había 13 días de diferencia. É dicir, o 27 de outubro segundo o calendario xuliano correspondía ao 7 de novembro no gregoriano.
Independentemente deste detalle, Outubro (Novembro) de 1917 representa a primeira revolución comunista triunfante. Foi un feito que conmocionou ao mundo e produciu moitas reaccións, unhas a favor e outras en contra. Escribíronse multitude de libros.
O mundo da banda deseñada tamén se fixo eco da Revolución de Outubro. O debuxante belga Hergé, daquela descoñecido, publicou o seu primeiro álbum precisamente sobre este acontecemento: Tintín no país dos sóviets.
Trátase dun cómic profundamente anticomunista porque está baseado nun dos libros editados nos anos 20 do século pasado contrarios á revolución:

Á marxe das súas opinións políticas, Hergé documentaba con moito detalle todos os seus debuxos, que partían de modelos reais.

Tes un exemplar de Tintín no país dos sóviets na Biblioteca do Instituto.
Se queres saber máis sobre Tintín, visita a súa páxina oficial: http://es.tintin.com/

Un interesante libro para coñecer a relación entre a banda deseñada de Hergé e a realidade é: Michael Farr (2002): Tintín. El sueño y la realidad. La historia de la creación de las aventuras de Tintín, Barcelona, Editorial Zendrera Zariquiey.

1 comentario:

  1. Ao meu parecer dentro da miña opinión é un bo comentario que expresa e conta a revolución de Bolxebique ou revolucións soviéticas(1917) a través do exemplo do libro(comic) de Tintín que tamen narra a primeira revolución comunista que obtivo un gran éxito por todo o mundo ainda que tivera os seus pros e contras, con imaxes vistas polo autor na vida real .Por último gustariame argumentar que no comentario encontrase escrita a palabra "anticomunista" ,coa que se poderia definir o cómic de Tintín levandonos a pensar con certeza de que dentro das suas páxinas os personaxes adoptan un carácter anticomunista é dicir que non queren o comunismo ; non queren "del pueblo para el pueblo" xa que están concienciados de que iso non é verdad senón que en términos mais directos é "explotación para o pobo".

    ResponderEliminar