sábado, 21 de setembro de 2019

Para empezar, o cambio climático


Esda.: Retrato de Humboldt (1806) por Friedrich Georg Weitsch. Dta.: Greta Thunberg

Nada hai máis actual que o pasado. As consecuencias do que facemos (que xa é pasado) condicionan o noso futuro. O cambio climático é unha mostra.

A reportaxe sobre Alexander von Humboldt (1769-1859) que podes ler se pinchas aquí , fala deste personaxe que viviu entre o século XIX e o XIX, cando arrancaba a revolución industrial e a época dos combustibles fósiles, que estudaremos na nosa materia. Relacionado Federico IV, un rei prusiano que foi símbolo do despotismo ilustrado (outro concepto que traballaremos neste curso), Humboldt foi un sabio de coñecementos enciclopédicos que relacionou o cambio climático coa actividade do ser humano.
250 anos máis tarde, cando se conmemora o nacemento de Humboldt, existe un movemento mundial, Fridays for future, que protesta contra o cambio climático. Está encabezado por Greta Thunberg, unha estudanta sueca, unha muller, nada en 2003. Fálase xa da Xeración Greta”.
Bogotá, 20 de setembro de 2019. Fotografía de Luisa González (Reuters)

1 comentario: