Fai uns meses, os integrantes de Agareso propuxéronnos
facer unha actividade que consistía en realizar, por grupos, diferentes
cortometraxes que nos sirveran como medio para transmitir as nosas mensaxes;
concretamente, sobre a idea que temos nós da discriminación, do que é para nós
o concepto de tribo, os distintos tipos de persoas (xa que A Tribo está
formada por xóvenes moi diferentes entre sí, de moitas idades e de diferentes
lugares de procedencia) e os camiños que cada un pode elixir (xunto coas súas
consecuencias).
O proceso de elaboración dos cortos non foi fácil, xa que
habían días nos que grabar era algo complicado, sexa polas circunstancias do
clima, porque faltaban compañeiros, ou incluso polas nosas poucas ganas de
traballar. Pero a pesar diso, o resultado foi incrible.
Estos son os nosos cortos:
https://www.youtube.com/watch?v=ydcd7Zm_-0U
https://www.youtube.com/watch?v=SYyK6tsjVHo
https://www.youtube.com/watch?v=BDM7fWdcSKA
https://www.youtube.com/watch?v=9Ylt0nfkc3E
Tamén nos fixeron unha pequena entrevista que foi publicada en La Voz deGalicia.
Foi unha experiencia moi divertida na que aprendimos gran cantidade de
cousas, non só a grabar, tamén a cooperar e traballar produtivamente cos
demais. A Tribo está por todas partes, desde fotos nosas colgadas polo
instituto ata as paradas de austobuses.
Grazas a este proxecto conseguimos que as nosas mensaxes se transmitiran a
moita xente.
Ihara Aglione
4º ESO A
Ningún comentario:
Publicar un comentario