domingo, 11 de marzo de 2018

Capitalismo e competencia



O capitalismo esixe, teóricamente, mercados libres e libre competencia. No tema das revolucións industriais vimos como na segunda aparecían procesos de concentración empresarial (páx. 81 da versión antiga do libro de texto; páxina 73 da versión moderna) como o holding, o trust e os cartel. Estes dous últimos tenden a eliminar a competencia, polo que están prohibidos. Esta mesma semana apareceu unha noticia na que se dá conta da existencia dun “cartel de empresas de paquetería” para repartirse a clientela empresarial. É unha práctica delictiva polo que van ser multadas pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Tampouco favorece o desenvolvemento do comercio internacional o “nacionalismo económico” (ou “patriotismo económico”) do presidente dos EEUU, que pretende desenvolver “guerra tarifaria” coa imposición de aranceis a produtos como o aceiro ou o aluminio.

luns, 5 de marzo de 2018

Día da Muller Traballadora


Non é a primeira vez que falamos de presenza das mulleres na Historia. Lembra que o seu momento coñecimos a Olympe de Gouges, vimos o papel da muller na Revolución Industrial e na Primeira Guerra Mundial, e veremos ás mulleres na orixe das Revolucións de 1917.
2018 é o ano do centenario do voto femenino (non universal) en Gran Bretaña, froito da loita do movemento sufraxista, sobre o que podes ler a novela gráfica Sally Heathcote. Sufragista, de Mary M. Tabot, Kate Charlesworth e Bryan Talbot. Ás portas deste 8 de Marzo, no que está convocada unha folga feminista en moitos lugares do mundo, o sufraxismo é o fío que uniu pasado é presente na marcha que se desenvolveuonte en Londres, na que estivo presente unha neta de Emmeline Pankurst e o histórico lema “Deeds not words”.


mércores, 21 de febreiro de 2018

Forges (1942-2018)



Hai unhas horas morreu Forges, “genial dibujante de mediosiglo de historia de España”, cuxo verdadeiro nome era Antonio Fraguas de Pablo. El Pais, xornal que dende hai moitos anos incluía case a diario unha viñeta de Forges, publica unha antoloxía dos seus traballos.
Entre a súa inmensa obra, pódese destacar unha historia de España en banda deseñada: Historia de aquí. Recoméndoche vistitar a web persoal de Forges.


Apocalipse. A batalla de Verdún



A noite do venres 23 ao sábado 24 (00:20), o programa Documaster de La 2 de TVE emitirá Apocalipsis.La batalla de Verdún.
Trátase dunha miniserie de orixe francesa de dous capítulos sobre unha das batallas máis representativas da I Guerra Mundial: Verdún. Os directores de Apocalipsis. La batalla de Verdún, Isabelle Clarke e Daniel Costella, empregaron máis de 500 horas de arquivos cinematográficos para realizar este documental de 90 minutos de duración, no que moitas escenas están coloreadas. Apocalipsis. La batalla de Verdún conta a vida nas trincheiras, pero tamén a vida cotiá das persoas civís, empregando testemuñas protagonistas.
Probablemente, Apocalipsis. La batalla de Verdún, que foi emitida xa por TVE, poderá verse outra vez, soamente durante uns días, na web de Documaster.