O pasado 1 de marzo, o alumnado de 4º da ESO visitou na Cidade da Cultura á exposición Castelao maxistral. Ao redor do cadro A derradeira leición do mestre, puidemos ver debuxos de Castelao, os seus álbumes de guerra, a reprodución da aula dunha escolar doutros tempos, etc. A visita foi guiada por Miguel Anxo Seixas Seoane, comisario da mostra e biógrafo de Castelao. Miguel Anxo, a quen agradecemos a súa amabilidade, falounos de galegos como Castelao e de xentes coma el que defenderon os valores democráticos nos tempos da ditadura franquista.
A saída continuou na
Libraría Couceiro, especializada en libro galego. Esta librería cumple en 2019
cincoenta anos de existencia.
Para conmemorar este aniversario,
Couceiro está organizando encontros con escritores. A visita a este espazo
cultural foi presentada polo escritor e xornalista Manuel Gago (Vento e chuvia, O exército do fume), que nos falou do mundo da lectura e nos falou
de libros como O mundo perdido, de
Arthur Conan Doyle, que o marcaron na súa mocidade. Agradecemos a Pablo, de
Couceiro, e a Manuel Gago, a súa amabilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario