Green book (Peter Farrelly, 2018) é un film estadounidense que gañou en 2019, entre
outros premios, os Óscar á mellor película e o de mellor actor de reparto (Mahershala
Ali). A película reflicte a segregación racial, o racismo, existente nos
Estados Unidos nos anos sesenta, fenómeno que tiña xa moitas décadas e que
aínda non desapareceu nun país que se presenta como unha das democracias máis
asentadas no mundo. De feito, o “green book” era unha publicación que
recompilaba os hoteis e restaurantes que eran accesibles ás persoas afroamericanas
nos estados do Sur do país. A banda sonora, que recolle temas musicais da época
é magnífica.
Neste mesmo blog podes
atopar outras entradas sobre o racismo:
Podes ver tamén Selma
Podes ver un fragmento
de Green book en youtube.
Para máis información
sobre Green book: Numax e Filmaffinity
Ningún comentario:
Publicar un comentario