Nos próximos días veremos no cine, na Sala Numax de Santiago
de Compostela, o filme I am not your
negro (Raoul Peck, 2016). Trátase dun
documental sobre o problema do racismo nos Estados Unidos.
A partir dunhas páxinas escritas polo novelista James
Baldwin e con imaxes dos anos sesenta do século XX e da actualidade, o director
fai un relato no que mistura a biografía de tres líderes negros, asasinados
debido á súa loita polos dereitos civís: Martin
Luther King (1929-1968), Malcolm X 81925-1965) e Medgar Evers (1925-1963). O director, Raoul Peck, utiliza
imaxes da época e imaxes contemporáneas.
Cando vexas o filme, pensa no
significado das seguintes frases e relacíonaas cos conceptos de "igualdade" e de “segregación”:
“Os meus compatriotas eran os meus inimigos”.
“Cuspirlle á rapaza negra sería cuspir á nación”.
“Coñecín a unha moza loura no Village. Nunca
fomos para a casa xuntos. Ela estaba máis segura camiñando soa pola rúa ca
conmigo”.
“A historia dos negros en América é a historia de
América”.
“O branco é unha metáfora do poder”.
I am not your negro fala dos EEUU, pero o racismo non é un problema exclusivo deste país. Bótalle unha ollada á seguinte noticia: https://politica.elpais.com/politica/2017/11/12/actualidad/1510495824_945058.html
Antes de ir ao cine, é interesante que lle botes unha ollada a esta ligazón:
Antes de ir ao cine, é interesante que lle botes unha ollada a esta ligazón:
E se queres sabes doutro filme sobre a mesma cuestión:
Ningún comentario:
Publicar un comentario