mércores, 27 de marzo de 2019

They Shall Not Grow Old (Peter Jackson, 2018) (28.3.2019))

Debemos ser críticos coas fontes e a información que recibimos a través dos documentos, dos libros, da prensa, das redes sociais. Temos que ler toda a información, contrastala, saber a súa procedencia.

Na clase vimos un fragmento do documental They shall not grow old (Peter Jackson, 2018 ). Trátase de imaxes da Primeira Guerra Mundial reais e, ao mesmo tempo, manipuladas porque foron coloreadas e porquese lles engadiu son. A técnica de edición está tan desenvolvida na actualidade que permite este tipo de modificacións dos documentos que utilizamos como fonte de información. Iso debe facernos críticas coa información.
Para ver un fragmento do documental pincha aquí


xoves, 21 de marzo de 2019

8 de abril: Día Internacional do Pobo Xitano



O Día Internacional do Pobo Xitano conmemorase el 8 de abril. A data fai referencia ao Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado no ano 1971. Daquela instituíuse a bandeira e o himno xitanos.
A bandeira, verde e azul, simbolizan o ceo e o campo; a roda vermella representa unha roda de carro, que simboliza o camiño dende a India á liberdade.
O himno xitano, Gelem, gelem (Camiñei, camiñei), lembra as xitanas e xitanos vítimas do nazismo.

Monumento ao holocausto xitano en Berlínhttps://www.visitberlin.de/es/monumento-los-gitanos

A Fundación Secretariado Xitano, que forma parte do IES do Milladoiro, invita a toda a comunidade escolar á acercar a coñecer a súa campaña Lecciónxitana, que nos aproxima a un mellor coñecemento da historia e da actualidade do pobo xitano.
Na aula virtual da materia podes atopar un interesante material sobre a historia do pobo xitano.

martes, 19 de marzo de 2019

A homofobia no mundo

https://elpais.com/sociedad/2019/03/19/actualidad/1553026147_774690.html

Baixo o título de  Pensar históricamente, no primeiro trimestre do curso, dedicamos unha clase a falar da homofobia. A prensa do mes de marzo de 2019 presenta un informe sobre a homofobia no mundo. Como se pode observar no mapamundi, a a lexislación sobre as persoas LGTBI vai dende a aceptación ata a pena de morte.


domingo, 10 de marzo de 2019

Green book (Peter Farrelly, 2018)


Green book (Peter Farrelly, 2018) é un film estadounidense que gañou en 2019, entre outros premios, os Óscar á mellor película e o de mellor actor de reparto (Mahershala Ali). A película reflicte a segregación racial, o racismo, existente nos Estados Unidos nos anos sesenta, fenómeno que tiña xa moitas décadas e que aínda non desapareceu nun país que se presenta como unha das democracias máis asentadas no mundo. De feito, o “green book” era unha publicación que recompilaba os hoteis e restaurantes que eran accesibles ás persoas afroamericanas nos estados do Sur do país. A banda sonora, que recolle temas musicais da época é magnífica.
Neste mesmo blog podes atopar outras entradas sobre o racismo:
Podes ver tamén Selma
Podes ver un fragmento de Green book en youtube.
Para máis información sobre Green book: Numax e Filmaffinity 


martes, 5 de marzo de 2019

Visita á exposición Castelao maxistral e á Librería Couceiro

O pasado 1 de marzo, o alumnado de 4º da ESO visitou na Cidade da Cultura á exposición Castelao maxistral. Ao redor do cadro A derradeira leición do mestre, puidemos ver debuxos de Castelao, os seus álbumes de guerra, a reprodución da aula dunha escolar doutros tempos, etc. A visita foi guiada por Miguel Anxo Seixas Seoane, comisario da mostra e biógrafo de Castelao. Miguel Anxo, a quen agradecemos a súa amabilidade, falounos de galegos como Castelao e de xentes coma el que defenderon os valores democráticos nos tempos da ditadura franquista.



A saída continuou na Libraría Couceiro, especializada en libro galego. Esta librería cumple en 2019 cincoenta anos de existencia.



Para conmemorar este aniversario, Couceiro está organizando encontros con escritores. A visita a este espazo cultural foi presentada polo escritor e xornalista Manuel Gago (Vento e chuvia, O exército do fume), que nos falou do mundo da lectura e nos falou de libros como O mundo perdido, de Arthur Conan Doyle, que o marcaron na súa mocidade. Agradecemos a Pablo, de Couceiro, e a Manuel Gago, a súa amabilidade.