martes, 19 de marzo de 2019

A homofobia no mundo

https://elpais.com/sociedad/2019/03/19/actualidad/1553026147_774690.html

Baixo o título de  Pensar históricamente, no primeiro trimestre do curso, dedicamos unha clase a falar da homofobia. A prensa do mes de marzo de 2019 presenta un informe sobre a homofobia no mundo. Como se pode observar no mapamundi, a a lexislación sobre as persoas LGTBI vai dende a aceptación ata a pena de morte.


1 comentario:

  1. Yeikel comenta:
    O que nos amosan estes dous mapas é que a orientación sexual segue sendo motivo de persecución e discriminación en todo o mundo, a pesar de que estamos no século XXI.
    No ano 2006 creouse o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas e este organismo aprobou en 2011 a súa primeira resolución histórica que recoñecese os dereitos das persoas LGBT (lesbianas, gais, bisexuais e transxénero), que foi seguida dun informe que documentaba as violacións dos dereitos humanos baseadas na orientación sexual e a identidade de xénero. A raíz deste informe, pedíuselle a todos os países que aínda non o fixeran, que promulgaran leis que protexan os dereitos básicos de persoas LGBT.
    Posteriormente nos anos 2014, 2016 e 2017 aprobáronse outras resolucións para combater a violencia e a discriminación por orientación sexual e a identidade de xénero ademais de velar para que a pena de morte non sexa resposta como sanción por determinadas formas de conducta como as relacións homosexuais consentidas. Existen trece Estados no mundo que prevén a pena de morte para conductas homosexuais. En catro estados (Arabia Saudita, Irán, Sudán, Yeman) aplícase en todo o seu territorio e noutros aplícase en certas xurisdicións de seu territorio (Somalia, Nixeria, Irak, Siria ...). A maioría dos países nos que a homosexualidade está criminializada son de relixión musulmana.
    En Rusia tense denunciada unha brutal campaña de persecución e represión, por parte das autoridades locais da República semiautónoma de Chechenia contra homes gais e bisexuais que foron secuestrados e detidos ilegalmente en campos de concentración, onde foron torturados e asasinados debido á súa orientación sexual.
    Existen 71 países que teñen leis que penalizan a homosexualidade, a maioría en África e Asia, tal como se aprecia nos mapas.
    Hoxe en día, 24 países de América e Europa recoñecen o matrimonio entre persoas do mesmo sexo a nivel nacional (Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Colombia, Dinamarca, España, EEUU, Finlandia, Francia, Islandia, Irlanda, Luxemburgo, Malta, Noruega, Nova Zelanda, Países Baixos, Portugal, Sudáfrica, Suecia e Uruguay). Noutros países só é recoñecido nalgunhas partes do seu territorio, como en México e Reino Unido.
    Os fallos xudiciais que permiten o matrimonio entre persoas do mesmo sexo entraron en vigor en Taiwán o 24 de marzo deste ano e en Costa Rica o 26 de marzo.
    Por tanto, está claro que queda un largo camiño por percorrer na loita contra a discriminación do colectivo LGBT.
    A ONG Amnistía Internacional traballa para que os dereitos do colectivo LGBT sexan considerados dereitos humanos e, como tales, que sexan recoñecidos e respectados tal e como se recolle na Declaración Universal dos Dereitos Humanos aprobada en 1948.
    A Asociación Internacional de Lesbianas, Gais, Trans e Intersex (ILGA) elabora un estudo anual no que analiza a criminalización, a protección e o recoñecemento do colectivo en todo o mundo. Entre os países máis tolerantes e respectuosos coa diversidade sexual destacan Finlandia e Canadá e no extremo contrario está Zambia.
    O certo é que nesta sociedade do século XXI co avance dos populismos e de gobernos ultraconservadores (como EEUU, Hungría ou Polonia) estanse apoiando conductas discriminatorias que tratan de frear os dereitos do colectivo LGBT.
    A homofobia e as leis que a apoian son unha realidade en gran parte do mundo, en moitos dos obxectivos conseguidos ata o de agora están en risco.
    En conclusión, tal vez as novas xeracións teñamos a obriga de plantexarnos o que queremos: unha sociedade plural, xusta e respectuosa cos demais ou polo contrario, unha sociedade homoxénea, inxusta e intolerante.

    ResponderEliminar