Amosando publicacións coa etiqueta segunda revolución industrial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta segunda revolución industrial. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de xaneiro de 2017

Pobreza energética

Fotografía: Felipe García Pagán

A electricidade é vital para as nosas sociedades dende a II Revolución Industrial. É clave para o desenvolvemento da economía e, sobre todo, para a vida cotiá das persoas: é vital para manter as nosas vivendas iluminadas e quentes, para cociñar, etc.

Dende que comezou a crise que estamos a vivir, dende 2008, apareceu o fenómeno da “pobreza energética”: miles de persoas ven cortado o subministro de electricidade nas súas vivendas por non poder pagar o recibo da luz. Mentras tanto, en España, as principais empresas so sector eléctrico gañaron uns 5.000 millóns de euros en 2016.(http://www.expansion.com/empresas/energia/2016/11/13/582843ff268e3ec9408b45d6.html).