O capitalismo esixe,
teóricamente, mercados libres e libre competencia. No tema das revolucións
industriais vimos como na segunda aparecían procesos de concentración
empresarial (páx. 81 da versión antiga do libro de texto; páxina 73 da versión
moderna) como o holding, o trust e os cartel. Estes dous últimos tenden a
eliminar a competencia, polo que están prohibidos. Esta mesma semana apareceu
unha noticia na que se dá conta da existencia dun “cartel de empresas de paquetería” para repartirse a
clientela empresarial. É unha práctica delictiva polo que van ser multadas pola
Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Tampouco favorece o
desenvolvemento do comercio internacional o “nacionalismo económico” (ou
“patriotismo económico”) do presidente dos EEUU, que pretende desenvolver
“guerra tarifaria” coa imposición de aranceis a produtos como o aceiro ou o
aluminio.