O
10 de xaneiro 2020 estréase nos cines 1917,
filme estadounidense dirixido por Sam Wenders. Trátase dunha
película ambientada na I Guerra Mundial que, dende o punto de vista cinematográfico ten
a particularidade de estar rodada nun único plano secuencia,
é dicir, nunha toma única, sen cortes.
Amosando publicacións coa etiqueta 1917 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1917 b>. Amosar todas as publicacións
martes, 7 de xaneiro de 2020
sábado, 10 de novembro de 2018
Tres aniversarios e unha película
Na semana que agora
remata vivimos tres aniversarios de feitos que estudaremos ao longo do curso: a
Revolución de Outubro (1917), o Armisticio da Primeira Guerra Mundial (1918) e a
Noite dos cristais rotos (1933).
Vladimir Serov, 1952
A Revolución de Outubro
de 1917, que en realidade foi no mes de novembro,
foi protagonizada polos bolxeviques, os comunistas rusos encabezados por Lenin.
Foi a primeira revolución comunista triunfante e dela naceu a URSS (Unión de
Repúblicas Socialistas Soviéticas). Sobre esta revolución que conmocionou o
mundo tes unha entrada neste blog: Tintínno país dos sóviets.
A Revolución de Outubro
supuxo a saída de Rusia da I Guerra Mundial, que rematou un ano despois. O 11
de novembro de 1918 entrou en vigor o armisticio que puxo fin ao conflito. É
coñecido como o Armisticio de Compiègne, localidade onde se foi asinada a fin
das hostilidades.
En xaneiro de 1933
Hitler subiu ao poder. Uns meses despois, do 9 ao 10 de novembro, os nazis
fixeron unha demostración do trato que pensaban dar a poboación xudea. A Noite
dos cristais rotos os seguidores de Hitler destrozaron os establementos
comerciais rexidos por alemáns xudeos. Varias decenas deles foron asesinados.
Foi o primeiro chanzo do que viría máis adiante: o Holocausto.
O Holocausto é un
xenocidio, probablemente a expresión máis dramática do racismo. Pero hai moitas
máis, mesmo en países democráticos como Estados Unidos. Sobre a segregación
racial trata un filme que acaba de ser estrenado en Santiago: Infiltrado no KKKLan (Spike Lee, 2018).
O alumnado do curso pasado foi ver ao cine Numax outra película relacionada co tema da segregación racial: I am not your negro. Hai outra entrada neste blog sobre un dos protagonistas do filme: Megdar Evers.
O alumnado do curso pasado foi ver ao cine Numax outra película relacionada co tema da segregación racial: I am not your negro. Hai outra entrada neste blog sobre un dos protagonistas do filme: Megdar Evers.
martes, 12 de decembro de 2017
A Revolución soviética en banda deseñada: Tintín no país dos sóviets
No pasado mes de novembro
conmemorouse o centenario da “Revolución de Outubro”, a Revolución Bolxevique
ou Revolución Soviética. Non se trata dun erro cronolóxico: na Rusia de 1917 o
calendario vixente era o xuliano, non o gregoriano que existía en Occidente:
había 13 días de diferencia. É dicir, o 27 de outubro segundo o calendario
xuliano correspondía ao 7 de novembro no gregoriano.
Independentemente deste detalle, Outubro (Novembro) de
1917 representa a primeira revolución comunista triunfante. Foi un feito que
conmocionou ao mundo e produciu moitas reaccións, unhas a favor e outras en
contra. Escribíronse multitude de libros.
O mundo da banda deseñada tamén se fixo eco da
Revolución de Outubro. O debuxante belga Hergé, daquela descoñecido, publicou o
seu primeiro álbum precisamente sobre este acontecemento: Tintín no país dos sóviets.
Trátase dun cómic profundamente anticomunista porque
está baseado nun dos libros editados nos anos 20 do século pasado contrarios á
revolución:
Á marxe das súas opinións políticas, Hergé documentaba
con moito detalle todos os seus debuxos, que partían de modelos reais.
Tes un exemplar de Tintín
no país dos sóviets na Biblioteca do Instituto.
Se queres saber máis sobre Tintín, visita a súa páxina
oficial: http://es.tintin.com/
Un interesante libro para coñecer a relación entre a
banda deseñada de Hergé e a realidade é: Michael Farr (2002): Tintín. El sueño y la realidad. La historia de la creación de las aventuras de
Tintín, Barcelona, Editorial Zendrera Zariquiey.
luns, 7 de novembro de 2016
Revolución de Outubro
Por que se fala de Revolución de Outubro se comezou o 7 de novembro?
A imaxe corresponde ao cartel do filme Outubro, do director soviético de cine S.M. Einseinstein.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)