Amosando publicacións coa etiqueta Cambio climático. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cambio climático. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de decembro de 2019

Un acto tan simple coma mercar pode matar o planeta

Hoxe en día vivimos nunha sociedade consumista. Isto quere dicir que a máxima satisfacción dunha persoa consiste nos obxectos que posúe; as grandes empresas sábeno e aprovéitanse diso.
Coma estas persoas consumistas sempre queren máis do que teñen, as multinacionais aproveitan isto e venden os seus produtos novos coma se fosen moitísimo mellores ca os anteriores, para que así as persoas estean mercando máis e máis produtos. É mais, ás veces no mundo da electrónica, incluso fan que os seus produtos teñan erros uns cantos meses despois de mercalo para que despois teñas que mercar outro novo.
Pero o verdadeiro problema non é que as empresas se aproveiten das nosas ganas de mercar ou que nós esteamos gastando todo o noso diñeiro, senón que todos estes produtos que estamos consumindo constantemente e sempre querendo máis implican que teñen que obterse máis materias primas para fabricalos. Esas materias non son infinitas e estamos empregando máis das que temos. Ademais, estes produtos están feitos con materiais químicos que producen uns gases nocivos que son lanzados á atmosfera e provocan moito dano no medio ambiente. E todo isto feito en todos os países en todo momento é unha das principais causas do cambio climático na terra.
Entón, quen pensaría que un acto que parece tan simple coma mercar un produto pode ter tal impacto medioambiental coa capacidade de matar o noso planeta? Porque só co feito de mercar menos o prescindible e seguir empregando estes produtos mentres funcionan, xa estaremos provocando que se fabriquen menos, entón empréganse menos materias primas e menos químicos, polo que tamén estariamos reducindo a nosa pegada no medio ambiente e incluso poderíamos parar o cambio climático.
Manuel Caamaño Mayo
4º ESO A

luns, 30 de setembro de 2019

Máis sobre o cambio climático (30.9.2019)


O 27 de setembro pasado producíronse en todo o mundo mobilizacións estudiantes, e doutros sectores sociais, para presionar as autoridades sobre a necesidade de tomar medidas contra un cambio climático, xa imparable en varias das súas consecuencias.
Os seguintes gráficos, que proceden do xornal ElPaís, permiten entender que significa realmente o cambio climático na súa verdadeira dimensión:
 Variación do tamaño dun glaciar en Islandia

Variación do nivel do mar


sábado, 21 de setembro de 2019

Para empezar, o cambio climático


Esda.: Retrato de Humboldt (1806) por Friedrich Georg Weitsch. Dta.: Greta Thunberg

Nada hai máis actual que o pasado. As consecuencias do que facemos (que xa é pasado) condicionan o noso futuro. O cambio climático é unha mostra.

A reportaxe sobre Alexander von Humboldt (1769-1859) que podes ler se pinchas aquí , fala deste personaxe que viviu entre o século XIX e o XIX, cando arrancaba a revolución industrial e a época dos combustibles fósiles, que estudaremos na nosa materia. Relacionado Federico IV, un rei prusiano que foi símbolo do despotismo ilustrado (outro concepto que traballaremos neste curso), Humboldt foi un sabio de coñecementos enciclopédicos que relacionou o cambio climático coa actividade do ser humano.
250 anos máis tarde, cando se conmemora o nacemento de Humboldt, existe un movemento mundial, Fridays for future, que protesta contra o cambio climático. Está encabezado por Greta Thunberg, unha estudanta sueca, unha muller, nada en 2003. Fálase xa da Xeración Greta”.
Bogotá, 20 de setembro de 2019. Fotografía de Luisa González (Reuters)

sábado, 23 de decembro de 2017

Cambio climático




Adriana, Ana, Áurea e Laura fixeron unha presentación (prezi) sobre o cambio climático, problema relacionado co tema das revolucións industriais. Esta é a ligazón que vos permite visualizar o seu traballo:

https://prezi.com/view/ZjFg2Tw7QQREtCkcMO7x/

Parabéns.