Amosando publicacións coa etiqueta Lewis Hine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lewis Hine. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de maio de 2021

Lewis Hine

Lewis Hine foi un importante fotógrafo, docente e sociólogo norteamericano nado o 26 de setembro de 1874 en Oshkosh, Estados Unidos, que dedicou a súa obra a capturar a realidade das condicións laborais das clases obreiras, sobre todo de inmigrantes e nenos en fábricas, plantacións e minas de carbón. Fixo isto por medio da fotografía documental e o movemento social realista, ata a súa morte en Nova York no ano 1940, con 66 anos. Estudou socioloxía nas Universidades de Columbia, Nova York e Chicago. Traballou no Comité Nacional contra a Explotación Infantil.

Viviu a segunda revolución industrial, que levou aos Estados Unidos, entre outros países como Francia, Alemaña e Xapón a electricidade e o petróleo. Tamén se empezou a usar a produción en masa e a cadea de montaxe. Expandíronse métodos como o fordismo e o taylorismo. Isto aumentou a explotación aos traballadores, que co tempo tiñan cada vez menos dereitos e unha calidade de vida e condicións laborais moi precarias.


Autorretrato de Lewis Hine, na década dos 1930

https://es.wikipedia.org/wiki/Lewis_Hine#/media/Archivo:Lewis_Hine_selfportrait.jpg


Moitas das súas fotografías tiveron un claro éxito, xa que os traballadores e traballadoras podían sentirse identificados coa mensaxe que transmitían. Por exemplo, as seguintes. Son imaxes mundialmente coñecidas e nas que se mostra a traballadores desempeñando a súa respectiva labor, tanto a obreiros, como fiandeiras e mineiros:

Traballadores no Empire State Building,  fotografada en 1930

https://es.wikipedia.org/wiki/Lunch_atop_a_Skyscraper#/media/Archivo:Lunch_atop_a_Skyscraper.jpg


Esta imaxe mostra un grupo de homes que estaban traballando na construción do Empire State Building, un importante rañaceos  en Nova York, descansando sobre unha viga a centos de metros da cidade, con risco de caer e morrer.

Unha pequena fiandeira na factoría Mollohan Mills, Newberry, Carolina do Sur, fotografada en 1908.

https://www.artesostenible.org/lewis-hine/


Esta imaxe que xa vimos en clase mostra unha nena de pequena idade que xa traballa, probablemente explotada e cunhas condicións moi malas.

Nenos traballando nas minas, fotografada en 1911

http://www.laizquierdadiario.com/Lewis-Hine-retrato-de-la-clase-trabajadora


Podemos observar unha morea de nenos e algún adulto que traballan nunha mina, sendo este un traballo moi duro e mais para persoas desa idade.

Penso que artistas como Lewis son moi necesarios, para reivindicar a través do arte e plasmar a realidade de moitas persoas, dando voz ao proletariado e as súas inxustizas.

 

Webgrafía

·      Lewis Hine. (2020, 27 de marzo). Wikipedia, La enciclopedia libre. Fecha de consulta: 15:52, abril 28, 2021 desde https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Lewis_Hine&oldid=124613000.

·      Palmadessa, Ricardo (2019), “Lewis Hine: retrato de la clase trabajadora”  http://www.laizquierdadiario.com/Lewis-Hine-retrato-de-la-clase-trabajadora

·      Ruiza, M., Fernández, T. y Tamaro, E. (2004). Biografia de Lewis Wickes Hine. En Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea. Barcelona (España). Recuperado de https://www.biografiasyvidas.com/biografia/h/hine.htm el 19 de abril de 2021.

·      Lewis Hine https://www.wikiart.org/es/lewis-hine