domingo, 29 de xaneiro de 2017

27 de xaneiro



O 27 de xaneiro, en lembranza da liberación do campo de exterminio de Auschwitz polas tropas soviéticas conmemóranse o Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto.

luns, 23 de xaneiro de 2017

A sociedade do automóbil (1): atascos


A Segunda Revolución Industrial vai asociada á invención do automóbil, máquina que configura o noso mundo.
Vimos esta esta noticia na clase.

Pobreza energética

Fotografía: Felipe García Pagán

A electricidade é vital para as nosas sociedades dende a II Revolución Industrial. É clave para o desenvolvemento da economía e, sobre todo, para a vida cotiá das persoas: é vital para manter as nosas vivendas iluminadas e quentes, para cociñar, etc.

Dende que comezou a crise que estamos a vivir, dende 2008, apareceu o fenómeno da “pobreza energética”: miles de persoas ven cortado o subministro de electricidade nas súas vivendas por non poder pagar o recibo da luz. Mentras tanto, en España, as principais empresas so sector eléctrico gañaron uns 5.000 millóns de euros en 2016.(http://www.expansion.com/empresas/energia/2016/11/13/582843ff268e3ec9408b45d6.html).