Amosando publicacións coa etiqueta segregación racial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta segregación racial. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de marzo de 2019

Green book (Peter Farrelly, 2018)


Green book (Peter Farrelly, 2018) é un film estadounidense que gañou en 2019, entre outros premios, os Óscar á mellor película e o de mellor actor de reparto (Mahershala Ali). A película reflicte a segregación racial, o racismo, existente nos Estados Unidos nos anos sesenta, fenómeno que tiña xa moitas décadas e que aínda non desapareceu nun país que se presenta como unha das democracias máis asentadas no mundo. De feito, o “green book” era unha publicación que recompilaba os hoteis e restaurantes que eran accesibles ás persoas afroamericanas nos estados do Sur do país. A banda sonora, que recolle temas musicais da época é magnífica.
Neste mesmo blog podes atopar outras entradas sobre o racismo:
Podes ver tamén Selma
Podes ver un fragmento de Green book en youtube.
Para máis información sobre Green book: Numax e Filmaffinity 


luns, 17 de outubro de 2016

Estados Unidos, 1955

Esta fotografía está relacionada coa segregación racial nos Estados Unidos. Data de 1955. Que podes dicir dela?