venres, 25 de maio de 2018

August Landmesser



Cando falamos dos fascismos falamos de ditadura, de represión, de predominio da masa sobre o individuo. Observa con atención esta fotografía. Le a historia de August Landmesser
Pensa na historia de Rafael Pillado, e outras moitas persoas coma el, que nos visitou 0 24 de maio.

martes, 15 de maio de 2018

Morte en Gaza

Nos pasados días, varias decenas de palestinos morreron en Gaza polos disparos do exército de Israel. A ONU criticou esta acción.

Gaza é un territorio rodeado por un muro contruído polo Estado israelí:



O artista gráfico Basky visitou Gaza e deixou a súapegada sobre o muro:



Neste 2018 conmemórase o 60 aniversario da creación deste Estado. A poboación palestina segue sen ter Estado. Lembra que nestes días estamos traballando a unidade didáctica De cristais e muros.


martes, 1 de maio de 2018

Do 25 de abril ao 1º de Maio


Cartel de Sergio Guimaraes

Na madrugada do 25 de abril de 1974, escoitouse na radio portuguesa Grândola vila morena, unha canción do cantautor Zeca Afonso. Era o sinal do comezo da Revolução dos Cravos, a Revolución dos Caraveis, que puxo fin a varias décadas de ditadura en Portugal:
Grândola, vila morena

Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto, igualdade
O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola, a tua vontade

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

Case cen anos antes, omo consecuencia dunha folga (Chicago, 1886) en defensa da xornada laboral de oito horas, varios traballadores anarquistas foron asesinados polo goberno dos Estados Unidos. Convertíronse nos "Mártires deChicago". En 1889, o Congreso Obreiro Socialista da II Internacional decidiu lembrar a eses traballadores, co que o Primeiro de Maio se convertiu no Día Internacional do Traballo. Celébrase dende entón en todo o mundo.
Falamos de mobilizacións sociais a favor dos dereitos e liberdades das traballadores e dos traballadores. Por iso, en Galicia, no Primeiro de Maio de 2018 soaron uns versos de Rosalía:

Quedéi deshonrada, mucharonme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
y en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

¡Salvádeme, ou, xueces!- berréi...¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime- berréi, berréi inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.