sábado, 23 de decembro de 2017

Cambio climático




Adriana, Ana, Áurea e Laura fixeron unha presentación (prezi) sobre o cambio climático, problema relacionado co tema das revolucións industriais. Esta é a ligazón que vos permite visualizar o seu traballo:

https://prezi.com/view/ZjFg2Tw7QQREtCkcMO7x/

Parabéns.

martes, 12 de decembro de 2017

A Revolución soviética en banda deseñada: Tintín no país dos sóviets


No pasado mes de novembro conmemorouse o centenario da “Revolución de Outubro”, a Revolución Bolxevique ou Revolución Soviética. Non se trata dun erro cronolóxico: na Rusia de 1917 o calendario vixente era o xuliano, non o gregoriano que existía en Occidente: había 13 días de diferencia. É dicir, o 27 de outubro segundo o calendario xuliano correspondía ao 7 de novembro no gregoriano.
Independentemente deste detalle, Outubro (Novembro) de 1917 representa a primeira revolución comunista triunfante. Foi un feito que conmocionou ao mundo e produciu moitas reaccións, unhas a favor e outras en contra. Escribíronse multitude de libros.
O mundo da banda deseñada tamén se fixo eco da Revolución de Outubro. O debuxante belga Hergé, daquela descoñecido, publicou o seu primeiro álbum precisamente sobre este acontecemento: Tintín no país dos sóviets.
Trátase dun cómic profundamente anticomunista porque está baseado nun dos libros editados nos anos 20 do século pasado contrarios á revolución:

Á marxe das súas opinións políticas, Hergé documentaba con moito detalle todos os seus debuxos, que partían de modelos reais.

Tes un exemplar de Tintín no país dos sóviets na Biblioteca do Instituto.
Se queres saber máis sobre Tintín, visita a súa páxina oficial: http://es.tintin.com/

Un interesante libro para coñecer a relación entre a banda deseñada de Hergé e a realidade é: Michael Farr (2002): Tintín. El sueño y la realidad. La historia de la creación de las aventuras de Tintín, Barcelona, Editorial Zendrera Zariquiey.

venres, 24 de novembro de 2017

Un de cada catro mozos considera normal a violencia nas relacións de parella


En 1999, a Organización de Nacións Unidas (ONU) instituíu o 25 de novembro como “DíaInternacional da eliminación da Violencia contra a Muller, que coñecemos como “Día contra a Violencia de Xénero”.
Foi escollido o 25 de novembro en lembranza de tres mulleres dominicanas, as irmás Mirabal, activistas políticas asesinadas en 1960 pola ditadura de Rafael Trujillo (1930-1961).
No que vai de ano, 44 mulleres foron asesinadas en España, foron asesinadas por ser mulleres, son vítimas da violencia de xénero. Neste 2017, o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Mulle coincide cun xuízo no que cinco homes, que se autodenominan “La Manada”, están acusados de violar a unha moza de 18 anos durante as Festas de San Fermín no ano 2016. O avogado dos presuntos violadores presentou —e posteriormente retirou— como proba para defender aos seus clientes un informe que pretendía probar que a vítima non sufre ningún trauma porque dende que foi violada fai vida normal, mesmo sae de festa. A noticia deste informe provocou que a xornalista Beatriz Serrano Molina colgase nas redes sociais unha campaña titulada ¿Cómo se supone que debe comportase una víctima de violación? baseada un vídeo que poder ver se pinchas aquí.
Tamén nestes días coñecemos un informe da Fundación de Axuda contra a Drogadición que afirma que un de cada catro mozos considera normal aviolencia nas relacións de parella. Non é a primeira vez que saen á luz este tipo de datos. Hai seis anos, outro informe relacionaba importantes sectores da mocidade con actitudes machistas (http://hoxe.webnode.es/news/a25-de-novembro-contra-a-violencia-de-xenero/).
O IES doMilladoiro tamén se fai eco desta tremenda realidade.
Se queres ver que fixeron alumnas doutros cursos, pincha aquí:
Para saber máis:



venres, 17 de novembro de 2017

Megdar Evers e Bob Dylan

Megdar Evers

Probablemente, Medgar Evers (1925-1963) é para nós o menos coñecido dos tres líderes negros do movemento polos dereitos civís dos que fala o documental I am not your negro. Pero non por menos coñecido é menos importante.
Membro da National Association for the Advancement of Colored People (NAACP), pelexou contra a discriminación da poboación negra na educación, entre outras causas relacionadas co movemento dos dereitos civís. Por esta razón foi asesinado.
O asesinato de Megdar Evers provocou unha onda de indignación A súa morte foi unha das causas da inmensa manifestación que se celebrou o 28 de agosto de 1963 no National Mall de Washington, onde Martin Luther King pronunciou o seu famoso discurso I Have a Dream.
Capa do disco The Times They Are A-Changin 

Nesa manifestación, Bob Dylan (moitos anos despois Premio Nobel de Literatura) interpretou unha canción escrita en memoria de Megdar Evers, Only a pawn in their game, incluída no seu álbum The Times They Are A-Changin. Dylan aparece en I am not your negro interpretando con Joan Baez o tema dedicado a Evers.

domingo, 12 de novembro de 2017

I am not your negro

Nos próximos días veremos no cine, na Sala Numax de Santiago de Compostela, o filme I am not your negro (Raoul Peck, 2016). Trátase dun documental sobre o problema do racismo nos Estados Unidos.
A partir dunhas páxinas escritas polo novelista James Baldwin e con imaxes dos anos sesenta do século XX e da actualidade, o director fai un relato no que mistura a biografía de tres líderes negros, asasinados debido á súa loita polos dereitos civís: Martin Luther King (1929-1968), Malcolm X 81925-1965) e Medgar Evers (1925-1963). O director, Raoul Peck, utiliza imaxes da época e imaxes contemporáneas.
Cando vexas o filme, pensa no significado das seguintes frases e relacíonaas cos conceptos de "igualdade" e de “segregación”:
“Os meus compatriotas eran os meus inimigos”.
“Cuspirlle á rapaza negra sería cuspir á nación”.
“Coñecín a unha moza loura no Village. Nunca fomos para a casa xuntos. Ela estaba máis segura camiñando soa pola rúa ca conmigo”.
“A historia dos negros en América é a historia de América”.
“O branco é unha metáfora do poder”.

I am not your negro fala dos EEUU, pero o racismo non é un problema exclusivo deste país. Bótalle unha ollada á seguinte noticia: https://politica.elpais.com/politica/2017/11/12/actualidad/1510495824_945058.html
Antes de ir ao cine, é interesante que lle botes unha ollada a esta ligazón:
E se queres sabes doutro filme sobre a mesma cuestión:

http://hoxe.webnode.es/news/selma-martin-luther-king-/
Espero que o documental sexa do teu gusto.

venres, 20 de outubro de 2017

Escravitude?


Empezamos nestas datas o estudo das revolucións liberais, as revolucións burguesas. Tiveron lugar baixo as bandeiras da liberdade e da igualdade. Hoxe en día, máis de dous centos anos despois daqueles acontecementos, atopamos noticias como estas:
eldiario.es, 16.10.2017
http://www.eldiario.es/economia/millones-personas-encuentran-pobreza-exclusion_0_697830464.html

http://www.ilo.org/global/topics/forced-labour/lang--es/index.htm