Megdar Evers
Probablemente, Medgar Evers (1925-1963) é para nós o menos
coñecido dos tres líderes negros do movemento polos dereitos civís dos que fala o documental I am not your negro. Pero non por menos coñecido é menos importante.
Membro da National Association for the Advancement of
Colored People (NAACP), pelexou contra a discriminación da poboación negra na
educación, entre outras causas relacionadas co movemento dos dereitos civís.
Por esta razón foi asesinado.
O asesinato de Megdar Evers provocou unha onda de
indignación A súa morte foi unha das causas da inmensa manifestación que se
celebrou o 28 de agosto de 1963 no National Mall de Washington, onde Martin
Luther King pronunciou o seu famoso discurso I Have a Dream.
Capa do disco The Times They Are A-Changin
Nesa manifestación, Bob Dylan (moitos anos despois Premio Nobel de Literatura) interpretou unha canción escrita en memoria de Megdar Evers, Only a pawn in their game, incluída no seu álbum The Times They Are A-Changin. Dylan aparece en I am not your negro interpretando con Joan Baez o tema dedicado a Evers.
Ningún comentario:
Publicar un comentario