venres, 24 de novembro de 2017

Un de cada catro mozos considera normal a violencia nas relacións de parella


En 1999, a Organización de Nacións Unidas (ONU) instituíu o 25 de novembro como “DíaInternacional da eliminación da Violencia contra a Muller, que coñecemos como “Día contra a Violencia de Xénero”.
Foi escollido o 25 de novembro en lembranza de tres mulleres dominicanas, as irmás Mirabal, activistas políticas asesinadas en 1960 pola ditadura de Rafael Trujillo (1930-1961).
No que vai de ano, 44 mulleres foron asesinadas en España, foron asesinadas por ser mulleres, son vítimas da violencia de xénero. Neste 2017, o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Mulle coincide cun xuízo no que cinco homes, que se autodenominan “La Manada”, están acusados de violar a unha moza de 18 anos durante as Festas de San Fermín no ano 2016. O avogado dos presuntos violadores presentou —e posteriormente retirou— como proba para defender aos seus clientes un informe que pretendía probar que a vítima non sufre ningún trauma porque dende que foi violada fai vida normal, mesmo sae de festa. A noticia deste informe provocou que a xornalista Beatriz Serrano Molina colgase nas redes sociais unha campaña titulada ¿Cómo se supone que debe comportase una víctima de violación? baseada un vídeo que poder ver se pinchas aquí.
Tamén nestes días coñecemos un informe da Fundación de Axuda contra a Drogadición que afirma que un de cada catro mozos considera normal aviolencia nas relacións de parella. Non é a primeira vez que saen á luz este tipo de datos. Hai seis anos, outro informe relacionaba importantes sectores da mocidade con actitudes machistas (http://hoxe.webnode.es/news/a25-de-novembro-contra-a-violencia-de-xenero/).
O IES doMilladoiro tamén se fai eco desta tremenda realidade.
Se queres ver que fixeron alumnas doutros cursos, pincha aquí:
Para saber máis:



1 comentario:

  1. Hoxe en dia a violencia de xenero desgraciadamente e un tema que segue persistindo non so na nosa sociedade senon que tamen en diferentes paises do mundo , onde as mulleres son brutalmente maltratadas tanto fisica como psicoloxicamente a mans dos seus maridos na maioria dos casos e certo que non soamente e a muller a victima, senon que tamen en distintos casos o home tamen pode ser a victima , pero nese caso estariamos falando de violencia domestica onde o rol habitual de home a muller cambia de muller a home .Pero igualmente seguiriamos falando de violencia , de maltratos,de inxustizas ... Para iso , pensando no seu fin en 1999 a ONU,e dicir a organizacion de nacions unidas , como ben cita o documento ou comentario de texto principal puxo o 25 de novembro como fecha do Dia Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller.

    Pero ao aparecer a loita non rematou ali xa que hoxe en dia miles de mulleres saen as rúas en busca de paz , de entendemento e sobretodo de xustiza e de ser escoitadas , porque nada mais e nada menos cando unha ou un di NON E NON .Finalmente , para finalizar o meu comentario ,un dato curioso e o debuxo ou logo contra a violencia de xenero que aparece na entrada do blog , xa que se nos fixamos ben podemos ver que a palabra violencia non esta completamente escrita , polo tanto e unha forma de darnos conta que aunque nos fagamos ou se fagan os cegos fronte a estas situacións de violencia algunhas persoas, detrás diso son moi conscientes do que esta a pasar . SO E UNHA VENDA TRANSPARENTE A CAL NOS ´´TAPA´´ OS OLLOS

    ResponderEliminar