luns, 23 de abril de 2018

"Dende Lesbos con amor: a orixe da palabra lesbiana", por Carla Becerra Fernández


Fresco encontrado en Pompeia o cal se cre que pode representar a Safo

Ó falar de homosexualidade na Historia, un dos períodos que máis soe saír a colación é a Antiga Grecia, xa que naquela época a homosexualidade non tiña as connotacións negativas que pode ter para certos sectores contemporáneos, isto se debe a que aínda non existía o concepto de pecado.
Os prexuízos ligados ó sexo nesta época histórica relacionábanse co rol activo ou pasivo que a persoa desenrolase na relación e non coa orientación sexual. Isto é debido a que o sexo, como moitos outros aspectos, se rexía por unha relación de dominación e sumisión. Por iso moitas relacións homosexuais encontrámolas ligadas a “rituais de iniciación”, xeralmente vinculados a contextos aristócratas ou militares.
Ademais críase imposible que os intereses de homes e mulleres coincidiran, do mesmo xeito ca o desexo sexual, o cal si coincidiría entre persoas do mesmo sexo. O matrimonio era concibido unicamente como unha forma de perpetuar a linaxe e non coma unha relación romántica, este aspecto introducirase no Imperio Romano coa chegada do Cristianismo e con el a condena das relacións sexuais fóra do matrimonio e máis aínda no caso das relacións homosexuais.
En relación á homosexualidade feminina, era un tema máis tabú ca masculina. Era considerada negativa pero non polo acto sexual en si, senón por supor unha transgresión do rol social da muller. Naqueles ámbitos nos que se distanciaban deste rol social asignado si que era ben vista, como era o caso da “comunidade” de Safo en Lesbos.
Safo (século VI a.C.) foi unha poetisa grega, a cal revolucionou a lírica grega coa chamada estrofa sáfica e o cambio nos temas tratados deixando de lado a poesía épica baseada na guerra e os heroes e centrándose nos seus propios sentimentos. Ademais Safo dirixiu unha escola na que se formaban xoves gregas de entre 6 e 12 ou 14 años, idade na cal abandonaban a escola para casar. Safo establecía un lazo emocional moi forte coas súas alumnas, das cales chegaba a namorarse e manter relacións. Moitos dos seus poemas xorden da tristeza que Safo sentía cando estas alumnas abandonaban a escola para unirse os seus maridos:
De veras, estar muerta querría.
Ella me dejaba y entre muchos sollozos
Así me decía:
“¡Ay, qué penas terribles pasamos,
ay Safo, qué a mi pesar te abandono!”
Y yo le respondía:
“Alegre vete, y acuérdate
de mi. Ya sabes cuánto te quería.
Y si no, quiero yo recordarte…
cuántas cosas juntas gozamos.
Porque muchas coronas
de violetas y rosas y flores de azafrán
estando conmigo pusiste en tu cabeza,
y muchas guirnaldas entretejidas,
hechas de flores variadas,
alrededor de tu cuello suave.
Y ungías toda tu piel…
con un aceite perfumado de mirra
y digno de un rey
y sobre un mullido cobertor
junto a la suave…
suscitaste el deseo…
Y no había baile ninguno
ni ceremonia sagrada
donde no estuviéramos nosotras,
ni bosquecillo sacro…

A poesía de Safo simbolizou o amor entre as mulleres de todo o mundo e por ese motivo do nome do lugar onde estableceu a súa escola, Lesbos, deriva o termo lesbiana. A figura de Safo permaneceu oculta como a de moitas outras mulleres, e máis aínda polo contido dos seus poemas, pero como ela mesma dixo: “Sabede que, máis adiante, incluso nunha era diferente á nosa, alguén recordará quen somos”. E ese momento chegou.