Amosando publicacións coa etiqueta Guerra de Secesión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guerra de Secesión. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de setembro de 2016

Os homes libres de Jones


Os homes libres de Jones (2016 ) é unha película, dirixida por Gary Ross, que podes ver nos cines de Santiago de Compostela. Baseada en feitos reais, narra a historia de Newton Knight durante a Guerra de Secesión norteamericana e os anos seguintes. Newton Knight foi un campesiño que desertou do exército confederado por crer que a escravitude e a guerra soamente beneficiaban aos ricos e que se ben os escravos negros eran as principais vítimas do poder dos ricos, tamén o eran os campesinos brancos e pobres.
Neste ano de 2016, nos EEUU houbo varios brotes de violencia racial. Busca algún exemplo na prensa dixital. Pensas que pode ter algunha relación co que conta o filme?