Fresco encontrado en Pompeia o cal se cre que pode representar a Safo
Ó falar de homosexualidade na Historia,
un dos períodos que máis soe saír a colación é a Antiga Grecia, xa que naquela
época a homosexualidade non tiña as connotacións negativas que pode ter para
certos sectores contemporáneos, isto se debe a que aínda non existía o concepto
de pecado.
Os prexuízos ligados ó sexo nesta época
histórica relacionábanse co rol activo ou pasivo que a persoa desenrolase na relación
e non coa orientación sexual. Isto é debido a que o sexo, como moitos outros
aspectos, se rexía por unha relación de dominación e sumisión. Por iso moitas
relacións homosexuais encontrámolas ligadas a “rituais de iniciación”, xeralmente
vinculados a contextos aristócratas ou militares.
Ademais críase imposible que os
intereses de homes e mulleres coincidiran, do mesmo xeito ca o desexo sexual, o
cal si coincidiría entre persoas do mesmo sexo. O matrimonio era concibido unicamente
como unha forma de perpetuar a linaxe e non coma unha relación romántica, este
aspecto introducirase no Imperio Romano coa chegada do Cristianismo e con el a condena
das relacións sexuais fóra do matrimonio e máis aínda no caso das relacións
homosexuais.
En relación á homosexualidade feminina,
era un tema máis tabú ca masculina. Era considerada negativa pero non polo acto
sexual en si, senón por supor unha transgresión do rol social da muller. Naqueles
ámbitos nos que se distanciaban deste rol social asignado si que era ben vista,
como era o caso da “comunidade” de Safo en Lesbos.
Safo (século VI a.C.) foi unha poetisa
grega, a cal revolucionou a lírica grega coa chamada estrofa sáfica e o cambio nos
temas tratados deixando de lado a poesía épica baseada na guerra e os heroes e
centrándose nos seus propios sentimentos. Ademais Safo dirixiu unha escola na
que se formaban xoves gregas de entre 6 e 12 ou 14 años, idade na cal abandonaban
a escola para casar. Safo establecía un lazo emocional moi forte coas súas
alumnas, das cales chegaba a namorarse e manter relacións. Moitos dos seus
poemas xorden da tristeza que Safo sentía cando estas alumnas abandonaban a
escola para unirse os seus maridos:
De
veras, estar muerta querría.
Ella
me dejaba y entre muchos sollozos
Así
me decía:
“¡Ay,
qué penas terribles pasamos,
ay
Safo, qué a mi pesar te abandono!”
Y
yo le respondía:
“Alegre
vete, y acuérdate
de
mi. Ya sabes cuánto te quería.
Y
si no, quiero yo recordarte…
cuántas
cosas juntas gozamos.
Porque
muchas coronas
de
violetas y rosas y flores de azafrán
estando
conmigo pusiste en tu cabeza,
y
muchas guirnaldas entretejidas,
hechas
de flores variadas,
alrededor
de tu cuello suave.
Y
ungías toda tu piel…
con
un aceite perfumado de mirra
y
digno de un rey
y
sobre un mullido cobertor
junto
a la suave…
suscitaste
el deseo…
Y
no había baile ninguno
ni
ceremonia sagrada
donde
no estuviéramos nosotras,
ni
bosquecillo sacro…
A poesía de Safo simbolizou o amor
entre as mulleres de todo o mundo e por ese motivo do nome do lugar onde
estableceu a súa escola, Lesbos, deriva o termo lesbiana. A figura de Safo
permaneceu oculta como a de moitas outras mulleres, e máis aínda polo contido
dos seus poemas, pero como ela mesma dixo: “Sabede que, máis adiante, incluso nunha
era diferente á nosa, alguén recordará quen somos”. E ese momento chegou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario