domingo, 11 de marzo de 2018

Capitalismo e competencia



O capitalismo esixe, teóricamente, mercados libres e libre competencia. No tema das revolucións industriais vimos como na segunda aparecían procesos de concentración empresarial (páx. 81 da versión antiga do libro de texto; páxina 73 da versión moderna) como o holding, o trust e os cartel. Estes dous últimos tenden a eliminar a competencia, polo que están prohibidos. Esta mesma semana apareceu unha noticia na que se dá conta da existencia dun “cartel de empresas de paquetería” para repartirse a clientela empresarial. É unha práctica delictiva polo que van ser multadas pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Tampouco favorece o desenvolvemento do comercio internacional o “nacionalismo económico” (ou “patriotismo económico”) do presidente dos EEUU, que pretende desenvolver “guerra tarifaria” coa imposición de aranceis a produtos como o aceiro ou o aluminio.

1 comentario:

  1. É certo que a gran parte das revolucións industriais acontecidas mostran programas os cales provocan unhas series de conflictos nos cales a sociedade tamen somos culpables debido a nosa participación deses feitos , o principal motivo e a competencia , a preocupación de quen ten mais e quen ten menos , vivimos nun constante concurso para saber cal é a mellor ou o mellor ,debido a iso non somos conscientes do dano que se esta a provocar na actualidade , na miña opinión deberíamos estar unidos fronte ao capitalismo para promover unhas melloras nas financiacións ao igual que económicas.

    ResponderEliminar