Non é a primeira vez que falamos de presenza das
mulleres na Historia. Lembra que o seu momento coñecimos a Olympe de Gouges,
vimos o papel da muller na Revolución Industrial e na Primeira Guerra Mundial,
e veremos ás mulleres na orixe das Revolucións de 1917.
2018 é o ano do centenario do voto femenino (non
universal) en Gran Bretaña, froito da loita do movemento sufraxista, sobre o
que podes ler a novela gráfica Sally
Heathcote. Sufragista, de Mary M. Tabot, Kate Charlesworth e Bryan Talbot.
Ás portas deste 8 de Marzo,
no que está convocada unha folga feminista en moitos lugares do mundo,
o sufraxismo é o fío que uniu pasado é presente na marcha que se desenvolveuonte en Londres,
na que estivo presente unha neta de Emmeline Pankurst e o histórico lema “Deeds
not words”.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEu lin recentemente a biografia de Emmeline Pankurst e creo que foi unha muller moi importante na historia do sufraxio e grazas a ela as mulleres puideron comezar a votar.
ResponderEliminarRespecto ao dia da muller e certo que é importante conmemorar o día no que as mulleres al fin puideron ter o privilexio de ter voz e voto nas partcipacións colectivas , grazas a iso hoxe en dia vivimos nunha sociedade mellor estruturada , mais xusta e mais igualitaria e certo tamén que non só hay que dicir que as mulleres somos as únicas que levan acabo toda a sociedade e as cales promueven casi todo , considerando que eu son muller eu creo que ambos sexos teñen a mesma importancia . Por último para finalizar paréceme moi ben os días conmemorados a aquelas persoas que se esforzaron durante toda a súa vida para deixa un mundo mais xusto e mellorar a calidade de vida neste caso polo feito da fecha do oito de marzo o papel de gran importancia nese día o teñen as mulleres .
ResponderEliminar