martes, 1 de maio de 2018

Do 25 de abril ao 1º de Maio


Cartel de Sergio Guimaraes

Na madrugada do 25 de abril de 1974, escoitouse na radio portuguesa Grândola vila morena, unha canción do cantautor Zeca Afonso. Era o sinal do comezo da Revolução dos Cravos, a Revolución dos Caraveis, que puxo fin a varias décadas de ditadura en Portugal:
Grândola, vila morena

Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto, igualdade
O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola, a tua vontade

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

Case cen anos antes, omo consecuencia dunha folga (Chicago, 1886) en defensa da xornada laboral de oito horas, varios traballadores anarquistas foron asesinados polo goberno dos Estados Unidos. Convertíronse nos "Mártires deChicago". En 1889, o Congreso Obreiro Socialista da II Internacional decidiu lembrar a eses traballadores, co que o Primeiro de Maio se convertiu no Día Internacional do Traballo. Celébrase dende entón en todo o mundo.
Falamos de mobilizacións sociais a favor dos dereitos e liberdades das traballadores e dos traballadores. Por iso, en Galicia, no Primeiro de Maio de 2018 soaron uns versos de Rosalía:

Quedéi deshonrada, mucharonme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
y en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

¡Salvádeme, ou, xueces!- berréi...¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime- berréi, berréi inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario