Na semana que agora
remata vivimos tres aniversarios de feitos que estudaremos ao longo do curso: a
Revolución de Outubro (1917), o Armisticio da Primeira Guerra Mundial (1918) e a
Noite dos cristais rotos (1933).
Vladimir Serov, 1952
A Revolución de Outubro
de 1917, que en realidade foi no mes de novembro,
foi protagonizada polos bolxeviques, os comunistas rusos encabezados por Lenin.
Foi a primeira revolución comunista triunfante e dela naceu a URSS (Unión de
Repúblicas Socialistas Soviéticas). Sobre esta revolución que conmocionou o
mundo tes unha entrada neste blog: Tintínno país dos sóviets.
A Revolución de Outubro
supuxo a saída de Rusia da I Guerra Mundial, que rematou un ano despois. O 11
de novembro de 1918 entrou en vigor o armisticio que puxo fin ao conflito. É
coñecido como o Armisticio de Compiègne, localidade onde se foi asinada a fin
das hostilidades.
En xaneiro de 1933
Hitler subiu ao poder. Uns meses despois, do 9 ao 10 de novembro, os nazis
fixeron unha demostración do trato que pensaban dar a poboación xudea. A Noite
dos cristais rotos os seguidores de Hitler destrozaron os establementos
comerciais rexidos por alemáns xudeos. Varias decenas deles foron asesinados.
Foi o primeiro chanzo do que viría máis adiante: o Holocausto.
O Holocausto é un
xenocidio, probablemente a expresión máis dramática do racismo. Pero hai moitas
máis, mesmo en países democráticos como Estados Unidos. Sobre a segregación
racial trata un filme que acaba de ser estrenado en Santiago: Infiltrado no KKKLan (Spike Lee, 2018).
O alumnado do curso pasado foi ver ao cine Numax outra película relacionada co tema da segregación racial: I am not your negro. Hai outra entrada neste blog sobre un dos protagonistas do filme: Megdar Evers.
O alumnado do curso pasado foi ver ao cine Numax outra película relacionada co tema da segregación racial: I am not your negro. Hai outra entrada neste blog sobre un dos protagonistas do filme: Megdar Evers.
Ningún comentario:
Publicar un comentario