Sabes por que o venres
pasado, 12 de outubro, foi festivo?
En 1987, o 12 de Outubro foi declarado Festa Nacional de España porque simbolizaba “la efemérides
histórica en la que España, a punto de concluir un proceso de construcción del
Estado a partir de nuestra pluralidad cultural y política, y la integración de
los Reinos de España en una misma Monarquía, inicia un período de proyección
lingüística y cultural más allá de los límites europeos”. Esa “proyección
lingüística y cultural más allá de los límites europeos” fai referencia ao 12
de outubro de 1492, cando Cristóbal Colón, chegou a América.
O 12 de Outubro, tamén
coñecido como Día da Hispanidade, recibiu no seu momento o nombre de Día da
Raza, denominación que aínda se utiliza en Colombia; en Chile chámase Día do Descubrimiento dos Dous Mundos, Día da Diversidade Cultural en Arxentina, Día
da Resistencia Indíxena en Venezuela, etc.
O significado do 12 de
Outubro varía: para unhas persoas é a data do descubrimento de América, para
outras o encontro de dous mundos, para outras o comezo dun xenocidio.
https://www.eldiario.es/madrid/Folclore-pancartas-anticolonialistas-recorren-Madrid_0_824168097.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario