https://www.es.amnesty.org/actua/acciones/israel-ahed-tamimi-ene18/
Ahed
Tamimi naceu o 31 de xullo do 2001, é unha adolescente palestina de 17 anos.
Medrou nun ambiente de resistencia. É unha activista palestina, é dicir,
participa activamente na propaganda do partido nacionalista e na sociedade
palestina á que pertence. O seu pai, Bassem al-Tamimi, é tamén activista.
Mentres, Israel táchaa de “provocadora” xa que a acusaron de doce cargos
diferentes, entre eles, os de agresión agravada, obstaculizar a un soldado
israelí do seu cumprimento do deber e incitación e lanzamento de pedras. O
tribunal militar tivo en conta non só estes feitos senón tamén outros cinco
enfrontamentos con soldados israelíes.
Ela asegura que
quere ser avogada para “defender aos presos que loitan contra a ocupación”. A
adolescente estivo oito meses no cárcere tras abofetear a un soldado israelí o
19 de decembro do 2017 (“unha bofetada que dou a volta ao mundo”),
convertíndose así nun auténtico símbolo de resistencia do castigado pobo
palestino.
O domingo 29 de
xullo do 2018 saíu da prisión. Á saída do cárcere afirmou: “estou feliz, pero
estarei máis feliz cando todas as mulleres palestinas sexan liberadas dos
cárceres da ocupación israelí”. Algunhas outras das afirmacións que fai Tamimi
son: “É unha gran responsabilidade falar en nome dun pobo que está baixo a
ocupación e tamén sinto bastante temor porque son un obxectivo de Israel, poden
volver a encadearme, perseguirme e incluso asasinarme”. “ A resistencia
continuará ata que a ocupación remate”.
En definitiva,
Israel e Palestina son dúas identidades enfrontadas: unha colonizadora, outra,
resistente, respectivamente.
Na miña opinión
este conflito, que xa dura máis de cincuenta anos, é un xenocidio claro hacia o
Estado palestino. O pobo palestino só pretende recuperar a terra que o pobo
israelí, coa axuda da ONU e as potencias mundiais, lles arrebataron. Creo que
non interesa buscar unha solución ao problema, xa que Israel posúe unha
riqueza, ten moito poder e interfire nas potencias mundiais.
Celtia Vieites 4º ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario