No pasado mes de novembro
conmemorouse o centenario da “Revolución de Outubro”, a Revolución Bolxevique
ou Revolución Soviética. Non se trata dun erro cronolóxico: na Rusia de 1917 o
calendario vixente era o xuliano, non o gregoriano que existía en Occidente:
había 13 días de diferencia. É dicir, o 27 de outubro segundo o calendario
xuliano correspondía ao 7 de novembro no gregoriano.
Independentemente deste detalle, Outubro (Novembro) de
1917 representa a primeira revolución comunista triunfante. Foi un feito que
conmocionou ao mundo e produciu moitas reaccións, unhas a favor e outras en
contra. Escribíronse multitude de libros.
O mundo da banda deseñada tamén se fixo eco da
Revolución de Outubro. O debuxante belga Hergé, daquela descoñecido, publicou o
seu primeiro álbum precisamente sobre este acontecemento: Tintín no país dos sóviets.
Trátase dun cómic profundamente anticomunista porque
está baseado nun dos libros editados nos anos 20 do século pasado contrarios á
revolución:
Á marxe das súas opinións políticas, Hergé documentaba
con moito detalle todos os seus debuxos, que partían de modelos reais.
Tes un exemplar de Tintín
no país dos sóviets na Biblioteca do Instituto.
Un interesante libro para coñecer a relación entre a
banda deseñada de Hergé e a realidade é: Michael Farr (2002): Tintín. El sueño y la realidad. La historia de la creación de las aventuras de
Tintín, Barcelona, Editorial Zendrera Zariquiey.