martes, 9 de maio de 2017

Rafael Pillado Lista visita o IES do Milladoiro



O martes 9 de maio Rafael Pillado Lista visitou o Instituto compartir unha hora de clase co alumnado de Historia de 4º da ESO. Rafael Pillado, xubilado da antiga Empresa Nacional Bazán, actualmente Navantia, traballou durante moitos anos nos asteleiros ferroláns, onde entrou como aprendiz a mediados da década dos anos cincuenta do século XX. Polo seu compromiso coa defensa dos dereitos dos traballadores e a súa militancia política antifranquista sufriu varias detencións. 

A raíz dos sucesos do 10 de Marzo de 1972, foi condenado polo Tribunal da Orde Pública a sete anos de prisión, dos que cumpliu catro grazas a que se beneficiou dunha das amnistías en tempos da Transición. 

Na actualidade, segue mantendo unha intensa actividade sociocultural e política a través da Asociación Fuco Buxán.



luns, 1 de maio de 2017

1º de Maio de 1977: legalización dos sindicatos en España


Ano e medio despois da morte de Francisco Franco, os sindicatos foron legalizados en España. As organizacións sindicais foran prohibidas, perseguidas e represaliadas durante a ditadura franquista. Moitas das súas militantes sufriron penas de prisión e, mesmo, executadas polo simple feito de loitar a prol dos dereitos laborais e democráticos.
A Constitución actual, aprobada en referendo o 6 de decembro de 1978, recoñece no seu artigo 28 que todas as persoas temos dereito a sindicarnos libremente. Pola súa banda, o artigo 7 establece que os sindicatos de traballadores e as asociacións empresariais contribúen á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lles son propios. 

Hoxe, corenta anos despois da súa legalización, os sindicatos celebran o 1º de Maio, Día Internacional do Traballo, que conmemora unha folga de 1886, convocada en defensa da xornada laboral de oito horas. Como consecuencia do conflito, varios traballadores anarquistas foron asesinados polo goberno dos Estados Unidos. Convertíronse nos "Mártires de Chicago".


domingo, 30 de abril de 2017

30 de abril: Día Internacional do Jazz

O jazz é un tipo de música que naceu a finais do século XIX como unha forma de expresión da poboación negra dos Estados Unidos. Tiña, xa que logo, algo de rebelión e de resistencia contra o racismo. Co paso dos anos, o jazz convertiuse nunha linguaxe universal ata o punto de que no ano 2011, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) escolleu o 30 de abril como Día Internacional do Jazz. O jazz é un estilo musical que formenta a integración social, reforza a tolerancia e a comprensión mutua e cultiva a creatividade. Como di Irina Bokova, Directora General da UNESCO, “Hoy celebramos el jazz como forma artística internacional y su poder para fomentar el diálogo entre las culturas, sacar el máximo partido de la diversidad y profundizar en el respeto de los derechos humanos y todas las formas de expresión” (http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/international-jazz-day-2017/).
Como dentro de pouco falaremos dos anos vinte, aquí vai unha recomendación cinematográfica na que o jazz xoga un papel importante: Cotton Club (1984), do director estadounidense Francis Ford Coppola. Son os tempos da lei seca, do gansterismo…

Neste mesmo blog atoparás outra entrada sobre o jazz, asinada por Eric FG: Un documento sobre música. E fala, como non, a súa relación coa liberdade.

mércores, 26 de abril de 2017

Carbón



Carbón, revolución industrial, Gran Bretaña...
A noticia o do 26 de abril de 2017 (http://elpais.com/elpais/2017/04/26/ciencia/1493208302_664530.html).

luns, 27 de febreiro de 2017

A sociedade do automóbil (2): a contaminación


En setembro de 2015, deuse a coñecer á opinión pública que unha importante empresa de fabricación de automóbiles estaba manipulando os programas informáticos dos seus coches para que as medicións de gases contaminantes se axustasen ao marcado pola lei.

O escándalo foi grande. A empresa foi multada.

Unha ONG xa puxera en marcha, anos antes, unha campaña de denuncia sobre a forma de actuar desa empresa de automovilística. O cartel da campaña é o que encabeza esta entrada; podes visionar o seu vídeo en: https://www.youtube.com/watch?v=ML53DjmDLgc


A empresa denunciada, e outras que están na mesma situación, intentan escapar das sancións impostas. Este é o titular dunha noticia aparecida no xornal dixital elpais.com, o día 27 de febreiro de 2017:

A noticia empeza co seguinte parágrafo:

"Con el estallido de la Gran Recesión se sucedieron las promesas de refundación del capitalismo, que se han quedado en agua de borrajas. El caso Volkswagen (el fraude en la medición de las emisiones contaminantes de coches) levantó en 2015 una polvareda parecida en el sector del automóvil, de nuevo con magros resultados: Bruselas denuncia que Alemania e Italia maniobran para obstaculizar las nueva normativa antiemisiones que propone la Comisión, aprobada ya en la Eurocámara. Berlín se ha saltado incluso el plazo para responder a un procedimiento de infracción abierto por el brazo ejecutivo de la UE".

Pérez, Claudi, “Berlín y Roma maniobran para frenar las reglas de emisiones de vehículos”, elpais.com, 27.2.2017 (http://economia.elpais.com/economia/2017/02/26/actualidad/1488124342_440905.html).



mércores, 1 de febreiro de 2017

Gandhi


O 30 de xaneiro é o Día da Paz. Esta imaxe de Gandhi é un bo punto de enlace entre o tema que estamos a piques de rematar, as revolucións industriais, e o que temos que empezar: o imperialismo.