mércores, 3 de abril de 2019

El silencio de otros


O día 1 de abril de 1939, Francisco Franco asinaba o derradeiro parte da Guerra Civil:

“En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado. El Generalísmo Franco. Burgos, 1 de abril de 1939”.
Remataba a guerra, pero non empezaba a paz. A represión franquista, que comezara en xullo de 1936, proseguiu ata a morte do ditador.


Aínda en 2019, moitos familiares non coñecen onde están enterrados os represaliadas e represaliados. O xoves 4 de abril, La 2 de TVE emite El silencio de otros (Almudena Carracedo e Robert Bahar, 2018), documental sobre a loita das vítimas do franquismo e os seus familiares por rescatar a súa historia do esquecemento. Elsilencio de otros recibiu o Premio Goya ao Mellor Documental, entre outros galardóns.


1 comentario:

  1. Celtia escribe o seguinte comentario:
    "Toda unha leizón de Historia
    O xoves 4 de abril emitíuse na TVE 2 un documental titulado El silencio de otros, dirixido por Almudena Carracedo, Robert Bahar e Pedro Almodóvar, que reproduce a loita silenciada das vítimas da ditadura de Francisco Franco e que, a día de hoxe, seguen buscando xustiza. Franco
    A época do franquismo foi un réxime político vixente en España entre 1939 e 1975, liderado polo xeneral Francisco Franco Bahamonde. Foi unha ditadura cun conxunto de valores conservadores e nacionalistas baseados no autoritarismo e establecidos polas formas victoriosas da Guerra Civil. A derrota republicana na Guerra Civil deu paso a unha longa ditadura, que durou 39 anos. O único referente fixo foi Franco que contou co apoio de importantes sectores da sociedade, como o exército, a igrexa, os monárquicos e a Falanxe. Os falanxistas (camisas azuis) asasinaron a moitas persoas que tiñan 
unha ideoloxía contraria ao ditador, entre os que se atopaban os republicanos, homosexuais e, en xeral, todo aquel que pensará ou tivera uns valores diferentes aos de Franco.
    O documental amosa, meténdose na pel dos personaxes que, a pesar dos anos transcurridos, hai familias que soportan e viven vinculadas ás feridas do seu pasado. Nesa época aos fusilados e asasinados deixábanos tirados nas cunetas. A crónica fai que a empatía aflore no espectador, chegando a afectarnos e a espertar sentimentos de rabia e impotencia. Achega aos telespectadores a intimidade dunha serie de persoas que teñen algo en común: todas ellas son vítimas do franquismo. Mozos torturados pocas forzas policiais nos anos da ditadura, mulleres ás que roubaron os seus fillos recén nacidos, fillos e fillas que aínda hoxe en día descoñecen o paradeiro dos ósos dos seus pais fusilados.
    Unhas estatuas “humanas” no alto don monte e talladas en pedra poderían considerarse como o símbolo de identidade do documental. Son obra de Francisco Cedenilla Carrasco. Tres homes e unha muller que representan aos esquecidos da Guerra Civil española. Cedenilla ríndelle con esta obra unha homenaxe ao ser avó Leandro, fusilado durante a guerra en Toledo no outubro do 1936. No Congreso dos Deputados no ano 1977 elaboraron unha ley, a Lei de Amnistía 46/1977, aprobada o 15 de outubro de 1977, elaborada nos primeros anos de Transición. A Transición é un período da historia contemporánea de España no que se levou a cabo o proceso polo que o país deixou atrás o réxime ditatorial do xeneral Francisco Franco e pasou a rexirse por unha Constitución que restauraba a España democrática. Esta Lei supuxo un verdadeiro “Pacto del Olvido”, xa que, impide a investigación e o enxuiciamento por parte dos Xulgados e Tribunais españois. A interpretación de dita lei foi criticada por múltiples organismos internacionales. Existen moitos crimes impunes e moita dor.
    O 14 de abril do 2010 Darío Rivas presentaba nun xulgado de Bos Aires unha denuncia para que se investigasen os crimes do franquismo. Nove anos despois daquel paso que supuxo o inicio da “Querela arxentina” contra os crimes de Franco. Iniciou unha causa que foi medrando e acumulando milleiros de casos de represalias, torturados, desaparecidos e asasinados durante o réxime de terror. Darío Rivas morreu na Arxentina o 16 de abril deste mismo ano, agardando aínda pola xustiza. Foi o galego que impulsou a querela arxentina contra o franquismo.
Actualmente siguen existindo persoas que só queren recuperar os “corpos” dos seus familiares e téñeno moi difícil pola Lei da Amnistía e pola existencia de partidos políticos, cuxos representantes atrévense a facer declaracións do tipo “Los de izquierdas son unos carcas, con la guerra del abuelo, con las fosas de no se quién, con la memoria histórica”; todo esto baixo o meu punto de vista é inadmisible.
    Para concluir, quero decir que, todo o documental irradia una calidade humana increíble, está feito co corazón e desde o sentimento. É duro como a realidade que reflicte".

    ResponderEliminar