domingo, 17 de novembro de 2019

As eleccións do 10 de novembro



Como xa sabemos España é unha monarquía parlamentaria. Existe separación de poderes; un destes poderes, o lexislativo, ten como representantes os parlamentarios do congreso e do senado que cada catro anos son elixidos mediante votación.  
O pasado domingo 10 de novembro celebráronse as eleccións coa finalidade de ter por fin un goberno debido a que nas anteriores non foron capaces de pactar. Os resultados foron moi diversos entre estas e as celebradas o 28 de abril, as diferencias máis notables son a perda de escanos por parte do partido Ciudadanos  que pasou de ter 57 a 10          (-57,19%) e Vox que pasou de ter 24 escanos a 52 (+47,08%) subindo así o número de votantes de extrema dereita pero non sacando ningún escano en Galicia. Tamén conseguiron máis escanos os partidos localistas (rexionalistas como o PRC, nacionalistas como o BNG e PNV, independentistas como ERC e JustxCat e incluso un partido provincial como TeruelExiste).

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias no momento do pacto


Coa subida de Vox nestas eleccións o PSOE decidiu que xa era hora de pactar cun partido de ideas semellantes aínda que máis a esquerda, firmando así o 12 de novembro un preacordo de goberno histórico entre eles e Unidas Podemos, histórico por dúas razóns: é o primeiro goberno compartido e ademais un é máis a esquerda do PSOE.
Para máis información:

Sara
4º ESO C

mércores, 16 de outubro de 2019

A tribo


Fai uns meses, os integrantes de Agareso propuxéronnos facer unha actividade que consistía en realizar, por grupos, diferentes cortometraxes que nos sirveran como medio para transmitir as nosas mensaxes; concretamente, sobre a idea que temos nós da discriminación, do que é para nós o concepto de tribo, os distintos tipos de persoas (xa que A Tribo está formada por xóvenes moi diferentes entre sí, de moitas idades e de diferentes lugares de procedencia) e os camiños que cada un pode elixir (xunto coas súas consecuencias).
O proceso de elaboración dos cortos non foi fácil, xa que habían días nos que grabar era algo complicado, sexa polas circunstancias do clima, porque faltaban compañeiros, ou incluso polas nosas poucas ganas de traballar. Pero a pesar diso, o resultado foi incrible.
Estos son os nosos cortos:
https://www.youtube.com/watch?v=ydcd7Zm_-0U
https://www.youtube.com/watch?v=SYyK6tsjVHo
https://www.youtube.com/watch?v=BDM7fWdcSKA
https://www.youtube.com/watch?v=9Ylt0nfkc3E
Tamén nos fixeron unha pequena entrevista que foi publicada en La Voz deGalicia.
Foi unha experiencia moi divertida na que aprendimos gran cantidade de cousas, non só a grabar, tamén a cooperar e traballar produtivamente cos demais. A Tribo está por todas partes, desde fotos nosas colgadas polo instituto ata as paradas de austobuses.
Grazas a este proxecto conseguimos que as nosas mensaxes se transmitiran a moita xente.
Ihara Aglione
4º ESO A





luns, 30 de setembro de 2019

Máis sobre o cambio climático (30.9.2019)


O 27 de setembro pasado producíronse en todo o mundo mobilizacións estudiantes, e doutros sectores sociais, para presionar as autoridades sobre a necesidade de tomar medidas contra un cambio climático, xa imparable en varias das súas consecuencias.
Os seguintes gráficos, que proceden do xornal ElPaís, permiten entender que significa realmente o cambio climático na súa verdadeira dimensión:
 Variación do tamaño dun glaciar en Islandia

Variación do nivel do mar


sábado, 21 de setembro de 2019

Para empezar, o cambio climático


Esda.: Retrato de Humboldt (1806) por Friedrich Georg Weitsch. Dta.: Greta Thunberg

Nada hai máis actual que o pasado. As consecuencias do que facemos (que xa é pasado) condicionan o noso futuro. O cambio climático é unha mostra.

A reportaxe sobre Alexander von Humboldt (1769-1859) que podes ler se pinchas aquí , fala deste personaxe que viviu entre o século XIX e o XIX, cando arrancaba a revolución industrial e a época dos combustibles fósiles, que estudaremos na nosa materia. Relacionado Federico IV, un rei prusiano que foi símbolo do despotismo ilustrado (outro concepto que traballaremos neste curso), Humboldt foi un sabio de coñecementos enciclopédicos que relacionou o cambio climático coa actividade do ser humano.
250 anos máis tarde, cando se conmemora o nacemento de Humboldt, existe un movemento mundial, Fridays for future, que protesta contra o cambio climático. Está encabezado por Greta Thunberg, unha estudanta sueca, unha muller, nada en 2003. Fálase xa da Xeración Greta”.
Bogotá, 20 de setembro de 2019. Fotografía de Luisa González (Reuters)

mércores, 3 de abril de 2019

El silencio de otros


O día 1 de abril de 1939, Francisco Franco asinaba o derradeiro parte da Guerra Civil:

“En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado. El Generalísmo Franco. Burgos, 1 de abril de 1939”.
Remataba a guerra, pero non empezaba a paz. A represión franquista, que comezara en xullo de 1936, proseguiu ata a morte do ditador.


Aínda en 2019, moitos familiares non coñecen onde están enterrados os represaliadas e represaliados. O xoves 4 de abril, La 2 de TVE emite El silencio de otros (Almudena Carracedo e Robert Bahar, 2018), documental sobre a loita das vítimas do franquismo e os seus familiares por rescatar a súa historia do esquecemento. Elsilencio de otros recibiu o Premio Goya ao Mellor Documental, entre outros galardóns.