O
10 de xaneiro 2020 estréase nos cines 1917,
filme estadounidense dirixido por Sam Wenders. Trátase dunha
película ambientada na I Guerra Mundial que, dende o punto de vista cinematográfico ten
a particularidade de estar rodada nun único plano secuencia,
é dicir, nunha toma única, sen cortes.
martes, 7 de xaneiro de 2020
luns, 2 de decembro de 2019
Un acto tan simple coma mercar pode matar o planeta
Hoxe
en día vivimos nunha sociedade consumista. Isto quere dicir que a máxima
satisfacción dunha persoa consiste nos obxectos que posúe; as grandes empresas
sábeno e aprovéitanse diso.
Coma
estas persoas consumistas sempre queren máis do que teñen, as multinacionais
aproveitan isto e venden os seus produtos novos coma se fosen moitísimo
mellores ca os anteriores, para que así as persoas estean mercando máis e máis
produtos. É mais, ás veces no mundo da electrónica, incluso fan que os seus
produtos teñan erros uns cantos meses despois de mercalo para que despois teñas
que mercar outro novo.
Pero
o verdadeiro problema non é que as empresas se aproveiten das nosas ganas de
mercar ou que nós esteamos gastando todo o noso diñeiro, senón que todos estes
produtos que estamos consumindo constantemente e sempre querendo máis implican
que teñen que obterse máis materias primas para fabricalos. Esas materias non
son infinitas e estamos empregando máis das que temos. Ademais, estes produtos
están feitos con materiais químicos que producen uns gases nocivos que son
lanzados á atmosfera e provocan moito dano no medio ambiente. E todo isto feito
en todos os países en todo momento é unha das principais causas do cambio
climático na terra.
Entón,
quen pensaría que un acto que parece tan simple coma mercar un produto pode ter
tal impacto medioambiental coa capacidade de matar o noso planeta? Porque só co
feito de mercar menos o prescindible e seguir empregando estes produtos mentres
funcionan, xa estaremos provocando que se fabriquen menos, entón empréganse
menos materias primas e menos químicos, polo que tamén estariamos reducindo a
nosa pegada no medio ambiente e incluso poderíamos parar o cambio climático.
Manuel Caamaño Mayo
4º ESO A
A filosofía de Descartes
A figura do gran pensador René Descartes supuxo un antes e
un despois na historia do pensamento e da Filosofía en Occidente.
Nado en 1596, este filósofo,
matemático e físico é considerado o pai da Filosofía moderna e a partir dos
seus escritos fundaméntanse correntes como o racionalismo e o cartesianismo.
Dende moi novo amosou unha grande
inquietude por coñecer, ao tempo que unha intelixencia fóra do común:
preguntaba e preguntaba sen fin, pois todo coñecemento lle resultaba
insuficiente.
Viviu durante os seus dous
primeiros lustros de vida coa súa avoa e cunha enfermeira, pois súa nai morrera
pouco despois de nacer el e seu pai ocupaba todo o seu tempo como conselleiro
no Parlamento de Bretaña.
Durante oito anos estudou en La
Flèche, (actualmente a 25 km de Le Mans) e alí recibiu unha sólida formación en
termos científicos-clásicos.
Mais ao inquedo Descartes aquelas
ensinanzas non lle resultaron satisfactorias, pois o que desexaba era renovar a
Filosofía do seu tempo e a súa educación limitábase a tratar da escolástica
(rama filosófica que explica os valores do cristianismo a través dos autores
grecolatinos), corrente que os seus ensaios superarían uns anos despois.
Mentres que na escola lle
ensinaban os valores que unían á fe e a razón, Descartes só usaría esta última
para explicar o funcionamento do mundo.
Serviuse da dúbida como método para
deixar atrás o obsoleto pensamento da filosofía patrística medieval, pois só na
dúbida metódica para descubrir a verdade: a vontade dun mesmo é a única proba
da verdade ou falsidade de calquera realidade que concibamos pola razón.
Descartes concluíu que a dúbida
contén a certeza, pois recoñece que: «mentres
quería pensar que todo era falso, era necesario que eu, quen o pensaba, fose
algo» [Discours VI: 32].
Desta
afirmación naceu unha nova idea: o eu é un concepto que nin sequera a dúbida
pode descartar, polo tanto «podo dubidar de todo, pero non podo dubidar de que
penso, e por tanto, existo». Este pensamento será o que se faga célebre baixo a
fórmula: «penso, daquela existo».
A
partir deste pensamento fundamental derívase toda a filosofía de Descartes e
dos seus seguidores, que recibiu o nome de racionalismo, pois parte da primacía
da Razón.
René
Descartes tivo unha vida intensa: tratou a outros grandes pensadores do seu
tempo, conferenciou por toda Europa e mesmo foi conselleiro da raíña de Suecia.
Xustamente as longas e profundas conversas filosóficas que coa súa maxestade
mantiña foron a causa do seu pasamento, pois acostumaban a parolar de amencida,
cos fríos nórdicos a conxelalo todo, o que fixo que contraese unha pulmonía que
acabou con el na corte de Estocolmo un 11 de febreiro do 1650.
domingo, 1 de decembro de 2019
Feministas célebres
O anterior luns 25 de novembro celébrase o día da eliminación do maltrato da muller, data que moito merece
salientarse. Por iso mesmo hoxe quero darvos a coñecer dúas destacadas
feministas que tiveron que buscar a maneira de promover as súas ideas en
ámbitos que no pasado lideraban unicamente os homes.
Mary Wollstonecraft, por John Opey (1797)
A primeira destas personaxes é a
británica Mary Wollstonecraft (1759-1797):
filósofa, escritora e unha das maiores activistas feministas do seu tempo. Aínda que case todos a coñezan por ser a
nai de Mary Shelley (a autora de Frankestein),
levou unha vida moi intensa en comparación coa da súa filla. Isto explícase
pola decidida defensa das súas posicións feministas en obras como: Reflexión sobre a educación das fillas (1787), Vindicación
dos dereitos da Muller (1792) ou Maria
(1798).
A Wollstonecraft debémoslle logros como o de poñer as bases do pensamento do feminismo moderno; facer
unha revisión crítica dos
maiores filósofos da súa época defendendo a igualdade de dereitos entre os sexos; loitar pola emancipación feminina (case todas as
mulleres dependían no seu tempo economicamente dos maridos); promover a mesma educación para homes e mulleres;
ou defender a idea do poliamor,
entre outros.
Mary opinaba que os homes semellaban
superiores debido a que non se lles daba a educación suficiente ás mulleres e
por iso pensaba que se lles tiña que dar a elas tamén unha educación racional
para poder contribuír á sociedade. Aínda que por sorte xa
temos nos nosos días en moitos estados (non en todos) equidade educativa, aínda segue a ser necesaria esta loita para
conseguir a súa universalidade.
A segunda muller da que quero ocuparme é
Alexandra Kollontai, importante política comunista rusa e primeira muller no goberno dunha nación.
Alexandra Kollontai
Naceu en Ucraína, no ano 1872, e, xa de
adolescente, mostrou grande interese por aprender. Estudou en Zurich, nun
centro de ideoloxía socialista, e tras a súa formación afiliouse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso,
co que participou no masacre de
obreiros no Palacio de Inverno (1905), uniuse aos Bolcheviques e loitou pacificamente
para que se detivese a I Guerra Mundial.
Tras a Revolución Rusa (1917), Kollontai
foi moi activa na vida política do novo réxime comunista ruso, participando na
Comisaría do Pobo para a Asistencia Pública e organizando o Primeiro Congreso
de Mulleres Traballadoras, o Zhenotdel (nome do Departamento da Muller) e o
Kommuniskta (a revista feminista da época). Grazas a isto, toda a lexislación referida ás mulleres
cambiou completamente na URSS e déuselle o dereito ao voto ás mulleres, aprobouse o divorcio, balanceáronse os soldos recibidos polas mulleres (puideron
percibir un salario equitativo en relación aos homes) e prohibíronse os matrimonios obrigados.
Grazas a estas dúas ilustres feministas
e a moitas outras pensadoras e intelectuais hoxe a igualdade de dereitos é maior e o noso mundo é menos inxusto. Non debemos esquecer o
exemplo e as ensinanzas destas grandes mulleres, só así seguiremos a camiñar
cara á liberdade, sororidade, fraternidade
e igualdade entre todos os seres humanos.
Miguel Requeixo
4º ESO C
domingo, 17 de novembro de 2019
As eleccións do 10 de novembro
Como xa sabemos España é unha monarquía parlamentaria. Existe separación de
poderes; un destes poderes, o lexislativo, ten como representantes os
parlamentarios do congreso e do senado que cada catro anos son elixidos
mediante votación.
O pasado domingo 10 de novembro celebráronse as eleccións coa finalidade de
ter por fin un goberno debido a que nas anteriores non foron capaces de pactar.
Os resultados foron moi diversos entre estas e as celebradas o 28 de abril, as
diferencias máis notables son a perda de escanos por parte do partido Ciudadanos que pasou de ter 57 a 10 (-57,19%) e Vox que pasou de ter 24 escanos a 52 (+47,08%) subindo así o número
de votantes de extrema dereita pero non sacando ningún escano en Galicia. Tamén
conseguiron máis escanos os partidos localistas (rexionalistas como o PRC, nacionalistas como o BNG e PNV, independentistas como ERC
e JustxCat e incluso un partido
provincial como TeruelExiste).
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias no momento do pacto
Coa subida de Vox nestas eleccións o PSOE decidiu que xa era hora de pactar
cun partido de ideas semellantes aínda que máis a esquerda, firmando así o 12
de novembro un preacordo de goberno histórico entre eles e Unidas Podemos, histórico por dúas razóns: é o primeiro goberno
compartido e ademais un é máis a esquerda do PSOE.
Para máis información:
Sara
4º ESO C
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)