luns, 1 de febreiro de 2021

O Tío Sam


A ilustración é un elemento que acompañou a humanidade dende os seus primeiros pasos. Xa na prehistoria pintabamos nas cavernas e ese camiño seguiu con nós ata hoxe en día. Indubidablemente, a ilustración é unha parte fundamental da nosa sociedade. 

O Tío Sam é un dos afiches máis famosos da historia e o representante dunha das maiores potencias: os Estados Unidos. Esta ilustración foi creada por primeira vez no 1916, co slogan “Que estás a facer para prepararte?”, pero a versión definitiva foi deseñada no 1917, repartíndose dela máis de 4 millóns de panfletos polos EEUU. Foi creada por James Mortgomery Flagg, un recoñecido ilustrador que fixo máis de 46 carteis para o goberno federal. 

Ten varias teorías que definen a súa orixe, pero a considerada oficial é a do carniceiro Samuel Wilson. Este, ao que chamaban Uncle Sam, encargábase de repartir comida aos soldados da guerra anglo–estadounidense de 1812. Esta era distribuída en barrís que tiñan as súas iniciais (US) gravadas, mesturándose coa idea de que estas proviñan de United States, levou a asocialo cos EEUU. 

Para facer a imaxe, Flagg inspirouse nun afiche británico coa mesma postura e slogan, que representaba a Lord Kitchener (militar e político británico). 

Who was Lord Kitchener? Lord Kitchener was the famous army commander whose face was used on famous recruiting posters for World War I. (curriculumvisions.com)


Modificoulle a cara, sendo el o modelo, e engadiulle motivos estadounidenses, como a copa coas estrelas. 

Rematou representando un home vello con barba branca de chibo e xesto severo. 

Aínda así, non foi a única imaxe representativa dos EEUU. Por exemplo, Columbia era a súa versión feminina, pero foi substituída pola da estatua da liberdade dende os anos 20. 

Bother Jinathan: “What’s the story of Uncle Sam?” De Quora, dispoñible en: What's the story of Uncle Sam? - Quora 


Outro exemplo máis vello, foi Bother Jinathan, alegoría ao capitalismo dos S.XIII – S.XIX. 

O tío Sam é un referente cultural e de identidade dos EEUU, sendo a mesma representación deles e o seu goberno, e unha das ilustracións máis importantes da historia. 

Laura Otero

4º ESO A


Referencias bibliográficas

-“Estados Unidos: 100 años del afiche del Tío Sam, ¿cuál es la historia detrás de la icónica imagen?" De BBC Mundo, dispoñible en: Estados Unidos: 100 años del afiche del Tío Sam, ¿cuál es la historia detrás de la icónica imagen? - BBC News Mundo 

-Tío Sam, de Wikipedia, dispoñible en: Tío Sam - Wikipedia, la enciclopedia libre 



Ningún comentario:

Publicar un comentario