domingo, 25 de abril de 2021

A física aria

 

Dende 1933, é dicir, dende o ascenso de Adolf Hitler ao poder, xurdiu en Alemaña unha nova corrente de pensamento científico coñecida como Deutsche Physik (literalmente “física alemá”). Dende os inicios do partido nazi dous físicos, gañadores de premios Nobel, impulsaron o que eles mesmos denominaban como física aria (de raza máis pura e superior). Estes dous grandes científicos eran Philipp Lenard e Johannes Stark, e rexeitaban as ideas de Albert Einstein porque este era xudeu. Mesmo aseguraban que outros científicos, coma Werner Heisenberg, foran corrompidos por esta física “dogmática”. Curiosamente, foros os descubrimentos destes dous científicos os que deron pe á formulación das teorías da mecánica cuántica e da relatividade. 

Dende os comezos do Terceiro Reich, os dous protagonistas desta historia se uniron ao partido nazi, e expulsaron tanto as ideas de científicos xudeus coma aos propios científicos xudeus. Porén, alguns físicos e profesores, coma Max Plank, ignoraron completamente a situación do seu país e continuaron o seu traballo coma se nada pasase. Cerca do 99% dos profesores universitarios continuaron o seu traballo e non se rebelaron contra a nova física imposta. Volvendo aos protagonistas desta historia, estes continuaron traballando de científicos. Stark conseguiu controlar a totalidade do desenvolvemento científico do país, e cortou os fondos para todas as investigacións relacionadas coa relatividade e a mecánica cuántica. El e os seus colegas regresaron a ideas antigas, coma a do éter. Mentres que no resto do mundo se traballaba coa física moderna, os alemáns tentaban transformar turba en ouro (literalmente). Curiosamente, esta física aria xamais podería levar á construción da primeira bomba atómica.

Pero este imperio chegou ao seu fin, e estes dous científicos foron xulgados. Philipp Lenard foi absolto pola súa idade (de feito morreu en 1947), pero Johannes Stark sí que foi xulgado. Recibiu unha curta condena de catro anos en prisión polos seus crimes, e despois continuou coa súa vida ata 1957.

Alejandro Tato Rodríguez

 

Bibliografía

-       “Ciencia y nazismo”, de Martí Domínguez, Universitat de València, dispoñible en https://metode.es/revistas-metode/monograficos/ciencia-y-nazismo-2.html

-       “Deutsche Physik”, de Wikipedia, la enciclopedia libre, dispoñible en https://en.wikipedia.org/wiki/Deutsche_Physik

-       “Johannes Stark” de Wikipedia, la enciclopedia libre, dispoñible en https://en.wikipedia.org/wiki/Johannes_Stark#Affiliation_with_Nazism

-       “Los físicos cómplices de Hitler”, de Mario Viciosa, dispoñible en https://www.elmundo.es/ciencia/2014/12/27/549d560d268e3e1e4f8b4584.html

-       “Nazismo, ciencias y utopía”, de Christian Ingrao, dispoñible en https://metode.es/wp-content/uploads/2019/09/102ES-ingrao-nazism-ciencias-utopia.pdf

-       “Philipp Lenard”, de Wikipedia, la enciclopedia libre, dispoñible en https://en.wikipedia.org/wiki/Philipp_Lenard#Deutsche_Physik

-       IMAXE:

“Johannes Stark”, de THE NOBEL PRIZE, dispoñible en https://www.nobelprize.org/prizes/physics/1919/stark/facts/

Ningún comentario:

Publicar un comentario