En 1999, a Organización de Nacións Unidas (ONU) instituíu o 25 de novembro como “DíaInternacional da eliminación da Violencia contra a Muller”, que coñecemos como “Día contra a Violencia de Xénero”.
Foi
escollido o 25 de novembro en lembranza de tres mulleres dominicanas, as irmás
Mirabal, activistas políticas asesinadas en 1960 pola ditadura de Rafael
Trujillo (1930-1961).
No que vai
de ano, 44 mulleres foron asesinadas en España, foron asesinadas por ser
mulleres, son vítimas da violencia de xénero. Neste 2017, o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Mulle
coincide cun xuízo no que cinco homes,
que se autodenominan “La Manada”, están acusados de violar a unha moza de 18
anos durante as Festas de San Fermín no ano 2016. O avogado dos presuntos
violadores presentou —e posteriormente retirou— como proba para defender aos
seus clientes un informe que pretendía probar que a vítima non sufre ningún
trauma porque dende que foi violada fai vida normal, mesmo sae de festa. A
noticia deste informe provocou que a xornalista Beatriz Serrano Molina colgase nas redes sociais unha campaña titulada ¿Cómo se supone que debe comportase una
víctima de violación? baseada un vídeo que poder ver se pinchas aquí.
Tamén nestes días coñecemos un informe da Fundación de Axuda contra
a Drogadición que afirma que un de cada catro mozos considera normal aviolencia nas relacións de parella. Non é a
primeira vez que saen á luz este tipo de datos. Hai seis anos, outro informe
relacionaba importantes sectores da mocidade con actitudes machistas (http://hoxe.webnode.es/news/a25-de-novembro-contra-a-violencia-de-xenero/).
O IES doMilladoiro tamén se fai eco desta tremenda realidade.
Se queres
ver que fixeron alumnas doutros cursos, pincha aquí:
Para saber máis: